Skip to Content

APADRIÑAMENTO LECTOR

O 28 de abril, como actividade do Día do Libro que este ano cadrou en domingo, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado de todo o centro participou no apadriñamento lector no que o alumnado de maior idade fixo lectura de contos adaptados aos máis pequenos. Podedes acceder á galería premendo na imaxe.

SAÍDAS INFANTIL ABRIL

Saídas E.I de Aurora Candal

REDUCE, REUSA, RECICLA

O martes 11 na aula de 6ºB de educación infantil realizamos un taller de reciclaxe coa colaboración da organización Entre Culturas e unhas alumnas da UDC de primeiro grao de educación infantil. Aquí tedes algúns dos momentos desta actividade tan enriquecedora para reutilizar, reciclar e reducir (RRR).

 

USa de Aurora Candal

2º episodio da 4ª temporada de "Onda Ti"

Finaliza o segundo trimestre e chega o segundo episodio da 4ª temporada de Onda Ti, xa chegamos ao programa número vinte! Nestes meses no estudio de Emilia na Onda fomos gravando e realizando diversas gravacións que nalgúns casos xa foron sendo publicadas na canle, pero noutros poderedes escoitalas por primeira vez neste programa. Atentos/as porque vos agardan seccións coas que esperamos que desfrutedes.

Episodio 2 de Aurora Candal

Visita ao MUNCYT do alumnado de 5º de primaria

Como remate da actividade do Obradoiro de radio o alumnado de 5º EP foi ata o MUNCYT e realizou varias entrevistas: Juan Casas (AGA), Concha Losada (APOI), Paco (Asociación Galega de Xogo Tradicional), Paulo Padrón Entroido de Verín), María (Xefa da Sección Técnica do MUNCYT)

muncyt de Aurora Candal

6º de Infantil no Museo de Belas Artes

Este curso, o alumnado de Infantil, o obradoiro de Galeguízate faino no Museo de Belas Artes, o pasado mércores 29 tocoulle ao alumnado de 6º EI. Ensináronlles como era a vestimenta da muller galega, un dos cadros máis famosos:" El Gaiterio" de Antonio Jaspe Moscoso onde aparece a indumentaria de gala de As Mariñas de A Coruña, tamén instrumentos; pandeireta, tambor, peitoque.... e ata se atreveron a tocar e cantar unha canción!

Museo de Belas artes a coruña de Aurora Candal

Visita á planta potabilizadora da Telva

Dentro do Plan Coruña Educa, dos programas do medio ambiente, o alumnado de 5º e 6º de EP visitan a planta potabilizadora da Telva e o río Mero para potenciar o uso consciente da auga.

planta potabilizadora da telva de Aurora Candal

1 DE ABRIL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023

O día das Artes Galegas 2023 está dedicado este ano a Martín Codax. Podedes saber máis na seguinte actividade.

Carta ás familias de segundo de primaria da Biblioteca Municipal Os Rosales.

Facemos chegar ás familias a seguinte mensaxe remitida ao centro desde a Biblioteca Municipal Os Rosales:

Centro de referencia DIGICRAFT

A Fundación Vodafone en colaboración coa Universidade de Salamanca distingue a tres centros educativos de España: Colexio Al-yussana (Córdoba), Ceip La Gaviota (Alcalá de Henares) e CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) coa mención como "Centros de Referencia Digicraft" Foi outorgado o pasado venres 10 de marzo pola secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial de Madrid, Dona Carme Artigas, recoñecendo a estes centros o seu labor na transformación dixital no ámbito educativo.

Noraboa ao alumnado que cursa sexto de primaria participante no proxecto desde o curso pasado e ás súas docentes polo esforzo realizado. Podedes ver todos os traballos realizados no seguinte enderezo: DIGICRAFT

NOTA DE PRENSA

Distribuir contido


by Dr. Radut