Skip to Content

blogue demppa

DÍA DE COCIÑA

Hoxe tocou cociñar PATACAS CON FABAS.

As derradeiras patacas que nos quedaran da colleita anterior, coas fabas que recollemos para cociñar no colexio...outras foron para casa.

Comezamos exercitando a psicomotricidade fina, debullando as fabas con coidado para non estragalas.

Cando xa temos todas, contámolas para ir vendo cantas nos van tocar a cada un.

A mestra debulla as patacas co coitelo, e facemos o mesmo.

Cocemos primeiro un pouco as patacas, xa que tardan máis en cociñarse.

Para despois botarlle as fabas.

Xa están todas feitas.

Así que lles sacamos a auga e poñémolas en platos para degustalas.

Mmmmmmm que ricas estaban!!!!!

Aínda queriamos máis.

Foi unha boa merenda de media mañá.

 

ESTAMOS DE PODA E RECOLLIDA.

De vez en cando, imos de brigada para limpar de lixo que aparece polo patio do colexio.

Abraiados quedamos do que podemos atopar: botes, bolsas de plástico, paraugas, bricks...

Xa podemos levar as cabazas que foron medrando para facer un puré/caldiño ben quentiño, nestes días fríos.

Temos un laurel que medra moito, así que podámolo un pouco.

Aproveitamos esas ramas para secalas un pouco e poder levar as follas para cociñar na casa.

Mmmmmm xa arrecende o cheiriño a laurel na potaxe, co marisco, no guiso...

Exercitamos a psicomotricidade fina... sacando as follas ás ramas... con coidado, que non rompan...

...para despois practicar o conteo das follas que lles poñemos en cada sobreciño... 

...que decoramos con moito agarimo previamente

Preparamos paquetiños de laurel para darlle de agasallo ao noso amigo maior

Estivemos en primaria para darlle o agasallo persoalmente ao noso amigo maior

Eles tamén agasalláronnos cunha manualidade feita por eles... moi navideña

As mestras tamén levaron o seu, para preparar nestas festas unha rica comida navideña.

BO NADAL E BO PROVEITO A TOD@S!!!

SEMENTANDO NO OUTONO

Coa colleita recollida, agardando que as CABAZAS medren para o inverno

...imos botando a semente para ter GRELOS para facer o caldiño quente para cando enfríe un pouco máis o tempo

Coma as pombas estanos a comer a semente, temos que argallar trucos para enganalas e non poidan comer a semente, polo que botamos palla.

Conseguimos que medraran algúns.

Tamén puxemos ACELGAS

Ampliamos a horta, aproveitando novas zonas que acondicionamos para plantar.

Así que temos que enchelo de terra.

...e ir abonando ben

...para plantar: REPOLO, PORROS e COLES

Así de bonito quedou todo plantado

...que xa está medrando.

Tamén renovamos as FLORES que decoran a entrada do cole

...que coidamos con moito agarimo

Sementamos na aula, pequenos semilleiros... de FABAS

...ESPINACAS

...LEITUGAS e ESCAROLA

Tamén botamos algunha faba na terra do exterior do invernadoiro.

...que xa están medrando

Seguimos aproveitando o traballo das miñocas, que están a facer o compost do mellor

E continuamos aproveitando a materia orgánica das merendas para alimentalas e facer o compost

Seguimos traballando con moitas ganas e entusiasmo a nosa horta!

TEMPO DE MAGOSTO

Celebramos o magosto con Maruxa, que nos trouxo as castañas de Coristanco.

Lucimos os nosos zonchos.

...e comemos castañas a fartar, cuns tomatiños que aínda quedaban para acompañalas.

Qué rico estaba todo!!!

DÍA DE COCIÑA

Esta semana cociñamos no colexio: PATACAS AO FORNO.

As patacas que collemos esta vez, non as levamos para casa, senón que as cociñamos nós mesmos na cociña do colexio.

Primeiro, temos que lavalas moi ben, para que non leven terra.

Había moitas patacas que lavar para que chegasen para todos.

As profes cortáronas, e puxémolas nas bandexas.

Botámoslles un pouquiño de sal.

Regámolas con aceite.

E por último, as herbas aromáticas que temos no horto e que lles veñen moi ben: tomillo e romero.

Xa só falta, metelas no forno.

Agardamos 40 minutos a que se fagan.

E imos vendo cómo van.

Xa están listas para comelas.

As profes preparan a merenda coas patacas e algún tomate cherry que aínda quedaba.

Qué rico está!

Qué bo estaba todo!... que non quedou ningunha.

Bo proveito a todos!

NA VOLTA DO VERÁN 2.022

Á volta do verán, así nos atopamos o terreo do noso horto moi medrado... de malas herbas... e do froito plantado: porros, cabazas, patacas, xirasoles, allos, pementos, tomates...

Tamén medraron as flores.

Axudamos a regar as macetas coas plantas que decoran o colexio.

Comezamos coa colleita do que deixamos plantado ao final do curso.

Buscamos e atopamos: patacas...

...porros...

...tomates...

...allos...

...pementos...

E voltamos coa nosa colleita...

...que degustamos na aula...ou na casa.

Co tempo húmido que comeza a vir, aparecen os caracois por todas partes, sacando os cornos ao sol.

E outros animaliños que vemos a través da lupa, do pequeniños que son, ¡e qué grandes os vemos por aquí!.

 

 

RESUMO DO TRABALLO FEITO POLA ESCOLA VERDE

Aquí presentamos un vídeo resumo da maioría das actividades desenvoltas este curso pola ESCOLA VERDE, gracias á colaboración de toda a comunidade educativa.

 

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O Día do Medio Ambiente celébrase cada ano e pretende sensibilizar/concienciar sobre as consecuencias da actividade humana no planeta e a biodiversidade.

É un día sinalado, pero que se debe traballar todos os días, e nós axudamos concienciando no uso axeitado dos medios:

COA AUGA

COA ELECTRICIDADE

Xerando menos residuos e menos contaminantes (plásticos, aluminio...)

Reutilizando envases para regar...

...ou para poñer plantas.

O alumnado leva as plantiñas que puxeron, para que continúe o seu coidado na casa.

Contamos coa colaboración de toda a comunidade educativa de forma continua ao longo do curso.

O profesorado coas plantacións (entre outras).

 

O persoal de limpeza co coidado das plantas ornamentais dos interiores e exteriores do centro.

O comedor cos desfeitos da froita.

As familias cando nos amosan as receitas que fan cos produtos da horta que levan, inculcando así o seu consumo.

ENTRE TODOS COIDAMOS E AXUDAMOS AO MEDIO AMBIENTE!!!

Outra mostra do que traballamos do medio ambiente, é o PDI Mergúllate! realizado por todo o alumnado do colexio, adicado á investigación sobre diversos aspectos sobre os mares e os océanos (búsqueda de información, charlas, obradoiros, visitas, concursos, entrevistas, lecturas, deporte, arte, experimentos, encontros, expedicións...) Un pequeno resumo de todo o que se fixo durante o curso.

OS ANIMALIÑOS DA HORTA

Na nosa horta, temos cabida a todos os animais, e véñennos facer unha visita para probar/axudar/estragar a horta.

Uns benvidos coma...                                                               A XOANIÑA

                                                                                             A MIÑOCA

                                                                                               A VOLVORETA

...e outros non tan benvidos coma...                                       O CARACOL

Tan a gustiño está na nosa horta, que lles puxemos un hotel, que imos ter que ampliar.

Temos para poñerlles uns novos niños para os paxariños.

E a miúdo, repoñémoslles os comedeiros.

 

CÓMO NOS GUSTA TER TANTA COMPAÑÍA DESTES ANIMALIÑOS!!!

NA PRIMAVERA

Coa chegada da primavera, recollemos as derradeiras colleitas do inverno.

COLIFLOR

BRÓCOLI

CHÍCHAROS

FABAS

ACELGAS

Ainda que algunha vai seguir medrando un tempo máis.

O PEREXIL que temos todo o ano.

Ao que lle collemos a semente para facer pequenos semilleiros para levar a casa.

 

Fixemos semilleiros na aula...de flores (margaridas, pensamentos e claveis)

CABAZAS

Pero tamén puxemos a planta, para que medre máis rápido, coma as ESPINACAS.

Comezamos a poñer novas plantacións da primavera, que co bo tempo que vai vindo e as derradeiras choivas ata o verán, fan que prendan e medren axiña. Nesta primavera plantamos:

ALLOS

...prenderon moi ben os allos

CENORIAS

CACAHUETES

CEBOLETAS

RAVOS

TOMATES

PATACAS

...xa medraron un pouco e semella unha boa colleita para á volta

LEITUGAS

...e fixemos o semilleiro de leitugas directamente

AMORODOS

Algúns froitos, xa os estamos probando.

LEITUGAS

CENORIAS, AMORODOS E TOMATES CHERRY

... QUÉ RICOS QUE ESTÁN!!!MMMMM

Para coñecer/ver cómo medran as raíces puxemos os xacintos en tarros de cristal.

E as alubias en algodón pegadas á ventá.

Algunhas plantacións comezaron na aula, para despois trasplantar á horta.

PEREXIL en rama

ou PEREXIL en semente

MELOCOTONEIRO

LEITUGAS

PEMENTOS

LARANXEIRA, LIMOEIRO

MACEIRA

Tamén ampliamos zonas verdes do recinto escolar, con novas plantacións.

DONDIEGO DE NOITE E PEONÍAS

Puxemos novos xeranios e caléndulas, ao redor do invernadoiro, para atrar polinizadores.

E novas plantas aromáticas, para ampliar as que xa tiñamos.

MANZANILLA

ALBAHACA

Tamén tiñamos en conta a asociación de cultivos, para que estes mellorasen, evitar plagas e aproveitamento do terreo.

CALÉNDULA, LEITUGA E PATACA

PEMENTO, PEREXIL, CEBOLA E TOMATES

RAVOS, ESPINACAS, LEITUGAS E PATACAS

Pero non só é ter ben lustrosa a horta de verduras, hortalizas e flores, senón que tamén coidamos que as flores cheguen ata a as entradas do centro escolar.

GÚSTANOS VER A PRIMAVERA COAS FLORES ARRECENDO!!!MMMM

Distribuir contido


by Dr. Radut