Skip to Content

blogue demppa

A PRIMEIRA PLANTACIÓN DO CURSO COS MÁIS PEQUENOS.

Cos máis pequenos de Infantil de 3 anos, imos plantar na aula (a ver si así medran máis rápido!) Cos demáis, facémolo en terreo  que temos no exterior ao aire libre e no invernadoiro.

Así que poñemos un pouco de todo que se planta neste tempo.

GRELOS

COLIFLOR

CHÍCHAROS

ACELGAS

REPOLO

LEITUGA (xa que era no interior) porque non lle gusta moito o frío.

Non esquecerse de regala verdura de vez en cando, para que medre. 

 

Agora a que medren!

Pero polo tempo que vai, a verdura tarda moito máis en medrar.

Agardamos impacientes!

 

Tamén puxemos unhas flores, como xacintos de diferente cor.

No exterior.

E no interior, puxemos os xacintos en tarros de cristal, para ver como medran as súas raíces.

 

 

A COLLEITA

Cando chegamos das vacacións de verán, recollemos o que se deixou plantado o curso pasado.

Temos unhas fermosas flores de alhelíes e pensamentos.

Aproveitamos a collerlle a semente para poñer máis, exercitando así a psicomotricidade fina dos máis pequenos.

Esta é toda a semente que recollemos!

As cabazas para o Samaín, éstas son algunhas das que puxemos con outros produtos no recuncho do outono.

Recollemos algo de perexil, que sempre está medrando ¡que non falte na comida!

Os tomates medraron moito, e houbo para levar a proba para casa.

Estes son os derradeiros que collemos e que tiveron que madurar na aula.

Tamén plantaramos unhas tomateiras de cherry, que levaron para casa, e unha familia despois do verán tróuxoa moi medrada, e con tempo, recollemos o seu froito maduro.

 

 

ESCOLA VERDE (PLAN PROXECTA)

O CEIP Emilia Pardo Bazán adoita participar en proxectos de diferentes temáticas do Plan Proxecta, e este ano propuxémonos un de ESCOLA VERDE. E fomos seleccionados con 9 centros máis de Galicia, para participar no curso 2021/22.

Puxémonos man á obra, para comezar escollendo un logo para representar na páxina web do colexio, o noso proxecto. Foi elixido entre moitos feitos polos alumnos e alumnas do centro o que vedes a continuación.

 

 

O programa de ESCOLA VERDE está centrado en acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente, contando coa colaboración de toda a comunidade educativa, á que damos gracias de antemán.

O proxecto está vinculado aos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 6. Auga limpa e saneamento
  • ODS 7. Enerxía accesible e non contaminante
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Partimos dun Manual de boas prácticas, para ter en conta en toda ESCOLA VERDE.

 

 Agardamos que vos guste a nosa práctica, e estamos abertos a suxerencias e propostas que nos axuden a mellorar o medio ambiente.

 

MAIS LIBROS INTERESANTES

Con tódolos libros que buscaramos cando comezamos o proxecto, e para todo o tempo, aínda atopamos algúns máis, interesantes.

Esperamos que tamén vos sirvan, estes e outros, para estes momentos que temos que estar na casa.

Moito ánimo! Vémonos pronto!

 

 

 

anterior     posterior

SOMOS COCIÑEIROS

Case se nos esquece ensinarvos por aquí un traballo que fixemos antes de rematar presencialmente o cole. Seguro que vos encanta!

Con tanta alimentación saudable, preparámonos para ser uns bos cociñeiros.

 

 

 

E preparámonos de tódolos xeitos, imos contar os ingredientes que nos fan falla.

 

 

 

 

 

anterior    posterior

 

CULTIVAMOS A NOSA HORTA

Imos plantar a nosa horta, e levamos todo o que precisamos para facer a nosa plantación. O carro coas ferramentas, as sementes e as regadeiras.

Xa estamos preparados para sementar.

Primeiro, retiramos un pouco a palla para ver ben onde facer os buratos para poñer a semente.

Despois, poñemos a semente en gran ou planta.

Para despois tapar con terra, a semente ou as raíces da planta, para que prenda ben.

Cando rematamos, voltamos poñer a palla para que non medren as malas herbas...

...e regamos.

Agora toca agardar a que medren, e regar de vez en cando.

Plantamos porros, allos, cenorias, brócoli morado, leitugas, rábanos, cale, acelgas, fabocas, escarola.

Así de estupendo nos medrou, e xa toca recoller os froitos do noso traballo para probalos.

Qué bos estaban!!!

anterior     posterior

 

 

BOTAMOS CONTAS

Temos moita curiosidade por saber canto valen as froitas e verduras.

Investigamos sobre os diferentes tipos de moedas e billetes de euro, escollemos o billete máis pequeno e descompoñémolo en moedas.

Cómo che poden dar o cambio dun billete de 5 euros? Demos coa resposta...

É a hora de gastar os cartos... cada neno/a temos 5 euros para mercar froitas e verduras. Facémolo recortándoas de un folleto de supermercado tendo en conta que: cada froita costa un euro e cada verdura costa dous euros. 

Fixémolo xenial!!!

Nesta ocasión, temos para mercar 10€, polo que non nos podemos pasar deses cartos.

Pagábamos co billete de 10€, e xa colliamos o cambio, de maneiras diferentes. Con moedas e billetes, ou só con moedas.

 

 

Para realizar a operación, contamos os saltos, dende a cifra gastada ata o número 10.

Ésa era a nosa volta.

anterior     posterior

  

 

UN ENTROIDO MOI SAUDABLE

Chegou o entroido e tocounos a nós, ser os alimentos máis saudables, as froitas.

Así que fixemos unha gran MACEDONIA DE FROITAS que estaba boísima!!!

 

 

Mirade canta variedade de froitas: uvas, piñas, sandías, pexegos, kiwis...

 

 

...plátanos, mazás, laranxas...

 

 

...limóns, peras, cabazas, caquis...

 

 

...e mooooooitos amorodos.

 

Mirade qué ben nos quedou, colorida e saborosa, e toda sacada da nosa froitaría caseira.

 

 

 anterior    posterior

 

 

A COR DAS FROITAS E HORTALIZAS

Clasificamos as froitas e hortalizas pola súa cor.

 

 

As de cor amarelo e laranxa, son boas para a vista e a pel.

As de cor vermello, dánnos forza ao corazón e reparte o sangue por todo o corpo.

As de cor verde, axúdannos a cicatrizar as feridas e estar fortes.

As de cor branco, son boas para a barriga e axudan a facer ben a dixestión.

As de cor morado, son boas para favorecer a memoria e lembrar as cousas máis doadamente.

 

 

Hai moitas froitas e hortalizas de todalas cores, hai que tomar unha de cada cor , cada día.

 

Co boas e ricas que están!!!

 

Tamén facemos xogos segundo a súa cor.

Imos clasificando a froita ou hortaliza que nos tocou, segundo a súa cor.

 

 

 

 

 

 

Seguimos clasificando por cores.

 

 

 

A cantidade de froitas e hortalizas que hai para variar de cada cor!!!

 

anterior      posterior

 

 

FACEMOS GOMINOLAS

 

Para saber cómo as fixemos, clica aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut