Skip to Content

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!!!

E xa chegou o Entroido!

O luns 21 comezamos a celebración do entroido no noso cole, un pouco máis "normalizado". 

Teremos unha semana chea de festa guiada polo noso mariñeiro Fiz, que dende a entrada do cole iranos dicindo o que temos que traer ata o xoves. Teremos unha merenda especial ese día convidados pola ANPA, o xoves choqueiro en Infantil e, o venres, encheremos o centro cun "mar de disfraces" rematando cun desfile na pista de baloncesto, se o tempo nolo permite e sempre coas medidas anti cocid axeitadas ao noso protocolo.

Que dé comezo a festa co primerio mandadiño!!!!!



story | by Dr. Radut