Skip to Content

TEATRO EN INGLÉS

O pasado mércores, 16 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistimos a unha obra de teatro en inglés a cargo da compañía Face2Face: "Abracadabra". Música, maxia e teatro unidos nunha inesquecible mañá na que tivemos que axudar a Harriet Potter a aprobar os seus exames para acadar o título de Bruxa. O curioso foi que algúns dos actores e actrices resultaban sospeitosamente familiares...

Moitas grazas á ANPA MILNENOS por brindarnos esta oportunidade de aprender inglés dun xeito tan ameno e divertido.

 

ABRACADABRA - FACE 2 FACE - YEAR 5 2022

ABRACADABRA - FACE2FACE - YEAR 6 2022 


page | by Dr. Radut