Skip to Content

Baloncesto en inglés

Continuando coas visitas de nativos anglosaxóns, onte os alumnos/as de 5º de Primaria recibimos a visita de Deforrest Riley Smith, xogador de baloncesto do Club Basquet Coruña, máis coñecido como DEE. Dee é dos Estados Unidos, concretamente de Dallas (Texas). Explicounos algúns dos aspectos básicos do baloncesto, pero todo en inglés. O certo é que esta é unha boa oportunidade de escoitar diferentes acentos, xa que o inglés americano é moi diferente do británico. Coa proxección dunha presentación en Power Point, axudounos co noso inglés, pero nós tamén lle axudamos co seu español. Que non é nada malo, por certo. A verdade é que nos divertimos moito e aprendemos un pouco máis de inglés. ¡Gracias DEE!

Aquí tedes as fotos da súa visita, así como a súa presentación sobre o baloncesto.

 



page | by Dr. Radut