Skip to Content

ATOPAMOS UN TESOURO NO COLEXIO

 

“… y cayó el mapa de una isla, con latitud y longitud, sondeos, nombres de colinas, ensenadas y caletas y todos los detalles que podían hacer falta (….) se le habían añadido varias cosas, pero sobre todo tres cruces en tinta roja: dos en la parte norte de la isla, una en el sudoeste y, junto a esta última, con la misma tinta roja y en letra pequeña y clara, (…), las palabras: “Aquí está la mayor parte del tesoro”.

 

R.L. Stevenson. LA ISLA DEL TESORO. Alianza Editorial

 

Unha mañá na que subían ata o horto, atoparon tiradas no chan moitas “moedas de ouro” (76 moedas de 1 e 2 céntimos) e lembraron os antigos mapas de tesouros que coñecían grazas ás aventuras de piratas. 

Parecéulles importante implicarse no duro traballo de elaborar o mapa do lugar exacto da súa ubicación, para que fose o máis preciso posible, porque os textos antigos daban lugar a diferentes interpretacións. Pero para debuxalo, sen esquecer  ningún detalle, tiveron que recorrer o longo camiño dun trimestre.

Igual que os antigos cartógrafos camiñaban por terras inexploradas, pasearon polo patio do colexio e trazaron a ruta axudándose con compases; ainda que tamén viviron a aventura de apuntar ata o norte guiándose únicamente polo sol.

Desta forma, o mapa do tesouro quedaba cada vez máis completo, e non o deron por finalizado ata que estiveron seguros/as de que calquera persoa podería ser quen de atopalo.

            Como na actualidade son os satélites os que se dedican a fotografar cada anaco do planeta xunto a outros moitos dispositivos eléctricos capaces de facer localizacións, organizáronse en equipos para enviar un robot (bee bot) ao lugar sinalado coa cruz dende distintos puntos do colexio. Experimentaron a necesidade de formular instruccións precisas e comprobar se os seus cálculos eran correctos ou non.

Atréveste a ir na súa procura?

MAR Santiago Arca

 



page | by Dr. Radut