Skip to Content

5girls 4tecno

Somos Paula, Martina, Sabela, Sofía e Noa, "5girls 4tecno", un grupo de amigas que grazas as papi dunha de nós, Marcos, metímonos en "Tecnovation Girls" (Un programa gratuito baseado na tecnoloxía para nenas de 8 a 18 anos. Son equipos de 4- 5 nenas que encontran un problema na súa comunidade, crean unha aplicación móvil ou proxecto de intelixencia artificial para axudar a resolvelo. Desenrolan as súas habilidades de colaboración, resolución de problemas e liderazgo).

En maio presentamos o noso proxecto en Madrid, onde quedamos no 3º posto. Agora enterámonos que pasamos ás semifinais a nivel mundial!!!!

Neste vídeo contámosvos as nosas impresións.

 

A comunidade educativa do Emilia non pode estar máis orgullosa de vós, sodes unhas auténticas guerreiras.



story | by Dr. Radut