Skip to Content

Educación Física, Educación Musical, Linguas estranxeiras, Educación Relixiosa, Especialidades

CONCERTO CORO DAS EMOCIÓNS.

Parabéns ao alumnado participante no "Coro das Emocións" polo seu traballo que fixo posible este marabilloso concerto en colaboración co IES Monte das Moas. Grazas por emocionarnos coa música!

Aquí podedes ver todo o concerto.

 

Radio programme and audio magazine

Durante o presente curso 2021-22 o alumnado de 5º de primaria gravou un programa de radio totalmente en inglés: "The book Nook". Dividido en diferentes seccións e dedicado ao mundo dos libros, puidemos coñecer a autores da literatura anglosaxona, seguir as lecturas dos nosos clubs, participar en enquisas sobre os nosos hábitos lectores e entrevistar aos falantes nativos da nosa comunidade escolar. A continuación podedes escoitar os tres episodios dispoñibles.

THE BOOK NOOK 1

THE BOOK NOOK 2

 THE BOOK NOOK 3

 

Asemade publicamos dous números dunha audio-revista en inglés, "Our English Mag" con artigos escritos e gravados polo alumnado, polo que podedes lelos e escoitalos ao mesmo tempo. Velaquí os tedes:

Un mar de cancións

Mural Mar de Cancións

Esta é a colección de cancións relacionadas co mar que conseguimos grazas ao alumnado de Primaria.

Podedes escoitalas no seguinte enlace: 

MAR DE CANCIÓNS

 

CORUÑA CORRE CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES

O concello de A Coruña celebra o evento CORUÑA CORRE co seguinte circuíto de carreiras populares:

Inscrición e bases no seguinte enderezo web: https://corunacorre.com/

 

ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA EDUCACIÓN FISICA


 

Novas propostas de traballo para facer na casa: 

CONTACONTOS EN INGLÉS

O mércores 12 o alumnado de E. Infantil (5anos), 2º, 4º e 6º de primaria tivo unha actividade moi especial. Como en anos anteriores asistimos a un contacontos en inglés. Sempre disfrutamos e aprendemos moito coa representación do grupo teatral "Face2Face" que viñeron de Madrid ao noso colexio. Este curso representaron dúas obras diferentes:

*LOST IN SPACE. As aventuras de Lara e o seu amigo Benny no espazo sideral.

*ROBINSON CRUSOE. Unha adaptación moderna e divertida desta obra.

Grazas á ANPA do colexio por darnos a oportunidade de aprendrer inglés dunha forma lúdica e amena.

 podedes ver unha mostra nos seguintes blogues:

 http://rosenglish.blogspot.com/

http://blueschoolinenglish.blogspot.com.es/

 

Concerto Góspel

O luns día dez, organizado polo profesorado de música do colexio, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria asistiu a un pequeno concerto de góspel, onde disfrutaron dunha mostra de cancións e explicáronlles onde naceu esta música.

Ahí vai unha pequna mostra.

Proxecto Intercultural con Louisiana II

PROXECTO INTERCULTURAL CON LOUISIANA II

Durante o curso 2017-2018 seguirase a levar a cabo un proxecto de intercambio cultural cunha escola do estado de Louisiana, en Estados Unidos.

Este ano, a escola coa que se realiza o proxecto é a Summerfield Elementary School de Shreveport, cidade situada no norte de estado.

O alumnado participante é aquel que cursa terceiro de Primaria, desenvolvéndose o proxecto dentro das áreas de:

  • Educación Musical, a cargo da mestra Mª Nieves Villar Garrote, por parte do Ceip Emilia Pardo Bazán.
  • Español como Segunda Lingua, a cargo da mestra Mª Beatriz Armada Manrique, no caso de Summerfield Elementary School.

COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DAS DÚAS ESCOLAS:

 Continuamos cun xogo de mans que nos enviou o alumnado de Summerfield Elementary School e que aprendimos na clase para poñelo en práctica. O seu nome é  LEMONADE:

 

XOGOS TRADICIONAIS

Chega o momento dos Xogos Tradicionais na escola.

Os nenos de 1º e 2º comezaron a semán pasada a coñecer algúns dos xogos aos que xogaban ós seus pais e avós.

Que divertido!

Lembrades?

  • Trompos
  • Canicas
  • Corda
  • Goma
  • Zancos
  • Mariola
  • Petanca

Podedes traer todos aqueles que queirades para dalos a coñecer.

Animádevos a participar!

 

THE OLYMPIC GAMES

Distribuir contido


by Dr. Radut