Skip to Content

Actualidade

Coro das emocións 2022/2023

En xuño, a comunidade educativa do colexio puido desfrutar dunha xornada de convivencia co alumnado de 5º e 6º EP, que participou no Coro das emocións durante este curso. Resumimos neste vídeo un concerto cheo de emocións no que se mostrou todo o traballo realizado durante o ano.
A emocionarse coa música!

21 de xuño. Día Europeo da Música.

O 21 de xuño, coincidindo co solsticio de verán, celébrase o Día Europeo da Música co obxectivo de promover o intercambio cultural a través da música.

No seguinte padlet veredes o traballo realizado:

Hecho con Padlet

eTwinning

O noso centro foi un dos 174 centros de España acreditados con eTwinning School formando parte do programa eTwinning.

Sello Escolar eTwinning 2023-2024

Lista de centros galardonados 2023-2024

Placa recibida

O Bosque Animado

Despois dun día moi emotivo como foi o venres e a representación do Bosque Animado, non é posible resumir tanto talento en tan pouco tempo. Simplemente agradecer a todas as actrices e actores, ao equipo de teatro e profes colaboradores, a familias, Chus, Marisol, achegados como Xulio, Juan e o grupo musical Dijo4 e moi especiais a Marta polo inmenso traballo co decorado, GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS.
Todo este traballo non sería posible sen a vosa colaboración.
E un recordo moi emotivo para o noso compañeiro José Manuel e a nosa compañeira Chus, eles tamén forman parte deste proxecto, o noso corazón está con vós.
Todas as fotos e vídeos podedes velas no seguinte enderezo:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/galeria/thumbnails.php?album=280

 

 

 

 

Bosque animado 2 xuño de Aurora Candal

Fase 2

Na Fase 2 deste programa imos colaborar e compartir experiencias co CEIP Plurilíngüe A Laxe de Valón. 

O vindeiro mércores 24 de maio iremos visitar o centro e o xoves 25 virá o profesorado dese centro ao Emilia.

Encantadas/os de observar e compartir!!!!

2º episodio da 4ª temporada de "Onda Ti"

Finaliza o segundo trimestre e chega o segundo episodio da 4ª temporada de Onda Ti, xa chegamos ao programa número vinte! Nestes meses no estudio de Emilia na Onda fomos gravando e realizando diversas gravacións que nalgúns casos xa foron sendo publicadas na canle, pero noutros poderedes escoitalas por primeira vez neste programa. Atentos/as porque vos agardan seccións coas que esperamos que desfrutedes.

Episodio 2 de Aurora Candal

1 DE ABRIL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023

O día das Artes Galegas 2023 está dedicado este ano a Martín Codax. Podedes saber máis na seguinte actividade.

Centro de referencia DIGICRAFT

A Fundación Vodafone en colaboración coa Universidade de Salamanca distingue a tres centros educativos de España: Colexio Al-yussana (Córdoba), Ceip La Gaviota (Alcalá de Henares) e CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) coa mención como "Centros de Referencia Digicraft" Foi outorgado o pasado venres 10 de marzo pola secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial de Madrid, Dona Carme Artigas, recoñecendo a estes centros o seu labor na transformación dixital no ámbito educativo.

Noraboa ao alumnado que cursa sexto de primaria participante no proxecto desde o curso pasado e ás súas docentes polo esforzo realizado. Podedes ver todos os traballos realizados no seguinte enderezo: DIGICRAFT

NOTA DE PRENSA

Día de Rosalía. 23 de febreiro.

Chega o 23 de febreiro e con el o Día de Rosalía, non deixedes de escoitar a preciosa voz de Amancio Prada poñendo música á súa obra.

Lembrade que a visita virtual á Casa Museo de Rosalía estrea un avatar de Maruxa Villanueva no seguinte enderezo: https://my.treedis.com/tour/casa-de-rosaliaprincipal-ea8a2c37

Distribuir contido


by Dr. Radut