Skip to Content

Actualidade

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

MAGOSTO 2014

 

O día 19 de novembro por fin celebrámolo MAGOSTO 2014 no colexio. O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou unha xornada lúdica na que o alumnado tivo a oportunidade de xogar e xantar. Un pequeno grupo de nais e pais, xunto co profesorado, participou na prepración e asado das castañas para o alumnado de educación primaria. O alumnado de educación infantil degustou as castañas asadas pola empresa de catering do comedor Jardanay. 

Agradecemos a colaboración da ANPA Milnen@s, Asociación de Empresarios de Los Rosales, pais e nais de alumnos/as, Claustro de Profesorado.

Se queredes ver unha pequena mostra da celebración podedes ver o seguinte documento e algunhas imaxes da celebración na Galería de Imaxes.

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

En cumprimento da RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, procédese á publicación das informacións correspondentes.

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS

RESULTADO SORTEO MEMBROS XUNTA ELECTORAL

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

CIRCULAR PAIS/NAIS

CIRCULAR PROFESORADO

CIRCULAR PERSOAL DE ATENCIÓN COMPLEMENTARIO

MODELO CANDIDATURA PAIS/NAIS

MODELO CANDIDATURA PROFESORADO

MODELO CANDIDATURA PERSOAL DE ATENCIÓN COMPLEMENTARIA

 

IMPLANTACIÓN DA LOMCE

Dende o inicio do presente curso implántase a LOMCE en 1º, 3º e 5º de Primaria, deixando para o curso 2015/2016 a extensión da nova Lei Educativa a toda a etapa de Primaria. Queremos deixar aquí ampla información, por un lado unha circular informativa básica do Centro para as familias afectadas, e por outro un enlace a toda a documentación sobre a LOMCE que se atopa no portal educativo da Consellería.

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A LOMCE

 

Campaña 25 de novembro de 2013. Día Internacional contra a violencia de xénero.

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                        

 

 

 

 

 

O PLAN NAVEGA CON RUMBO CHEGA O NOSO COLEXIO

 

 

A III Edición do Plan Navega con Rumbo chega o noso colexio para informar aos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de educación primaria sobre a importancia de navegar seguro pola internet. Esta actividade enmárcase no contexto do Proxecto Abalar.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.   Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

Nos seguintes enlaces pódese acceder as guías de Boas Prácticas:

        



 

PRESENTACIÓN PROXECTO BÁSICO DE AMPLIACIÓN DO COLEXIO

A Consellería de Cultura, Educación e O. U. licitará antes de final de ano a ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán no concello da Coruña.

Nun acto celebrado na biblioteca do colexio os responsables da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U. e da Concellaría de Educación, Xuventude e Deportes do Concello da Coruña, asistiron á presentación pormenorizada do proxecto de ampliación do colexio, realizada polo equipo de Hermo Iglesias Arquitectos.

Asistiron representantes dos pais e nais no consello escolar, profesorado, persoal non docente e o equipo directivo do centro.

Ver noticia no Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

AULAS ABALAR NO CEIP EMILIA PARDO BAZAN

 

        En  breve o CEIP Emilia Pardo Bazán contará nas aulas de 5º curso de educación pr imaria do equipamento das Aulas Abalar. Na semana anterior á ponte de Tódolos Santos, os técnicos das empresas responsables da instalación e montaxe das aulas Abalar estiveron traballando no noso centro.

    Os encerados interactivos SMART Board, os proxectores de curto alcance, os portátiles do profesorado, os netbooks do alumnado e os carros de carga e almacenamento xa están case preparados para o seu uso. Cada aula contará cunha conexión wifi-Abalar que interconectará todolos equipamentos á rede Abalar e tamén co servidor do propio centro. Da posta en funcionamento do servidor se encargarán técnicos da Unidade de Atención en Centros.

       A fin de aproveitar o equipamento Abalar e os recursos TIC do centro, o profesorado do noso centro participará ao longo do curso escolar 2011-2012, nun Proxecto de Formación en Centros.   

 

O CEIP EMILIA PARDO BAZAN SERÁ NOVO CENTRO ABALAR

 

 

 

A Consellería de Educación e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2011-2012. Na citada relación aparece o CEIP Emilia Pardo Bazán entre os centros seleccionados. Esto vai supoñer que o noso centro contará no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de educación primaria.

Cada aula dixital contará co seguinte equipamento:

* Un ultraportátil para cada alumno/a.

* Un portátil por aula para o uso dos docentes.

* Unha pizarra dixital interactiva.

* Un proxector.

* Un armario para a carga dos equipos.

* Rede wifi.

O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos.

 

CENTROS SELECCIONADOS

Distribuir contido


by Dr. Radut