Skip to Content

Actualidade

ANIVERSARIO DE DONA EMILIA

O venres todo o cole  celebramos o aniversario de Dona Emilia Pardo Bazán e contamos coa visita de Xulia Santiso e antigas alumanas: Lidia, Antía e Lucía.

Moitas grazas a todas e todos!

Reunións iniciais

ENTRADAS E SAÍDAS

Recollida de material

Reunión Familias 3 anos

O MATERIAL XA SE ENTREGA NA REUNIÓN

Ata stembro

Despedimos o PDI Mergúllate e o curso con estes divertidos posados. Fotos 

ata setembro de Aurora Candal

Interactuamos nos recantos

"Cando as familias lles preguntan aos seus fillos e fillas que fixeron no colexio, a resposta é unánime: «Estivemos nos recantos». «Pero que é un recanto?», pregúntanme nas xuntanzas e titorías. Pola emoción na resposta da rapazada, axiña entenden que non é un lugar onde está almacenado un determinado material ao que acoden xogar cando rematan a ficha. Na nosa clase, un recanto é un espazo de interacción e intercambio de hipóteses entre un grupo reducido de nenos e nenas cuns fins determinados"...

Así comeza o artigo da profe Mar na revista eduga, moi interesante que podes seguir lendo eduga.

Visita a Betanzos do alumnado de 5º de primaria.

O alumnado de 5º curso de educación primaria viaxou a Betanzos o pasado martes 14 de xuño onde visitaron o Museo das Mariñas e fixeron unha visita guiada polo casco histórico da "cidade" que segundo aprendimos na visita é un título que xa foi concedido no ano 1465 polo que daquela era rei Enrique IV.

Podedes ver unha escolma de imáxenes da visita nesta galería:

Radio programme and audio magazine

Durante o presente curso 2021-22 o alumnado de 5º de primaria gravou un programa de radio totalmente en inglés: "The book Nook". Dividido en diferentes seccións e dedicado ao mundo dos libros, puidemos coñecer a autores da literatura anglosaxona, seguir as lecturas dos nosos clubs, participar en enquisas sobre os nosos hábitos lectores e entrevistar aos falantes nativos da nosa comunidade escolar. A continuación podedes escoitar os tres episodios dispoñibles.

THE BOOK NOOK 1

THE BOOK NOOK 2

 THE BOOK NOOK 3

 

Asemade publicamos dous números dunha audio-revista en inglés, "Our English Mag" con artigos escritos e gravados polo alumnado, polo que podedes lelos e escoitalos ao mesmo tempo. Velaquí os tedes:

Circular Fin de Curso

Pódese consultar a circular de fin de curso con información de interese.

Distribuir contido


by Dr. Radut