Skip to Content

Actualidade

MANDADIÑO 4

Faremos unha tatuaxe relacionada co mar, ti escolles o que quieras non te imos marear.

Aquí remata a abordaxe

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

DÍA DE ROSALÍA, 23 DE FEBREIRO.

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía con estas propostas.

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía con estas propostas.

 

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda dentro do proxecto A Coruña das mulleres ofrece esta proposta educativa para Educación Primaria en torno á figura de Rosalía de Castro e a súa relación coa Coruña. A iniciativa preséntase co gallo da celebración do 150 aniversario da estancia da poeta na cidade.

MANDADIÑO 3

Aínda que saibas nadar, por babor ou estribor, para entrar mañá no cole, tes que tér un flotador.

MANDADIÑO 2

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!!!

E xa chegou o Entroido!

O luns 21 comezamos a celebración do entroido no noso cole, un pouco máis "normalizado". 

Teremos unha semana chea de festa guiada polo noso mariñeiro Fiz, que dende a entrada do cole iranos dicindo o que temos que traer ata o xoves. Teremos unha merenda especial ese día convidados pola ANPA, o xoves choqueiro en Infantil e, o venres, encheremos o centro cun "mar de disfraces" rematando cun desfile na pista de baloncesto, se o tempo nolo permite e sempre coas medidas anti cocid axeitadas ao noso protocolo.

Que dé comezo a festa co primerio mandadiño!!!!!

Información do cole

Debido a actual situación sanitaria na que nos encontramos, este ano as visitas ao centro serán, previa cita, a semana do 21 de febreiro (de luns a xoves) en xornada de tarde. A cita pedirase chamando ao teléfono 981 276 781 de 9:00 a 14:00. Tamén deixamos este panel no que amosamos os aspectos que cremos son máis interesantes.

Calquera dúbida pódese consultar chamando aos teléfonos que aparecen nesta páxina ou enviando un correo.

Pódese visitar tamén desde a páxina do Concello

 

SEMANA DA PAZ

 

 

 

Este curso, con motivo de que no noso PDI Mergúllate! estamos a investigar sobre os mares e océanos, queremos recordar que cada ano rexístranse miles de traxedias no mar con persoas que fuxen de conflitos desde os seus países procurando un futuro mellor para si mesmos e para as súas familias. Só nos seis primeros meses de 2021 1.140 persoas morreron no mar Mediterráneo tentando chegar a Europa.

 

Durante esta  semana acudirán ao centro persoas que viviron en persoa estas traxedias, en primeira persoa ou como membros de organizacións que tratan de axudar a estas persoas que fuxen dos seus países. A frase de Emilia Pardo Bazán sigue acollendo a todos/as na entrada da biblioteca "Detesto a violencia...", rexeitemos todos a violencia.

 

 

Luns

31

Martes

1

Mércores

2

Xoves

3

 

       
 Bombeiros voluntarios en Lesbos: 5º EP Laura Lizancos, da ONG Families 4 Peace: 4º EP (aprazada ata nova data) Familia de refuxiados:2º EP Open Arms: ONG española adicadada ao rescate no mar: 6º  EP

DESPEDIDA CON MOITO GUSTO!

Para rematar o ano e deixarnos o bico doce, chegou do Polo Norte e servido pola ANPA Milnen@s do noso cole, un delicioso chocolate con churros que todo e personal de centro: alumnado, profesorado e persoal non docente, disfutamos con moito gusto.

Vémonos no 2022!

MOITAS GRAZAS!!!!

 

FELICES FESTAS!!!!

V Festival Internacional de Cortometrajes de Animación de A Coruña: ANIMACIÓN

Este festival ten como obxectivo que o alumnado de 6º de E. Primaria, poida ver traballos ae animación cinematográfica de alto nivel que está fora dos circuitos convencionais das programacións infantís.

Este alumnado exerce como "xurado na Sección Infantil do Festival"

Nesta edición, a sección infantil ten o seu propio cartel creado por un neno ou nena participante no "CONCURSO DE DISEÑO DE CARTEIS"

E tivemos o inmenso orgullo de que dous deses premios de carteis foran para dous dos nosos compañeiros/as de 6º D:

3º Premio para David

1º Premio para Carolina

NORABOA ARTISTAS!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut