Skip to Content

Actividades

Actuacións artísticas

Dentro dos actos de celebración dos 25 Anos, e coincidindo coa Semana das Letras Galegas, tivemos no centro as actuacións da xove orquestra de corda de Nigrán e a Aula Infantil de Teatro do Concello de Vigo. No transcurso das mesmas contamos coa presenza do alcalde e da Concelleira de Educación.

Talleres de artesanía

Dentro das actividades organizadas para celebrar os 25 Anos do colexio, e grazas á colaboración do departamento de educación do concello, contamos coa presenza no centro de membros de Centro de Artesanía Tradicional. Durante a semana das Letras Galegas todos os cursos foron pasando polo taller de cestería e nasas e polo de redeiras, coñecendo dunha maneira práctica estas dúas actividades tan ligadas á actividade económica da nosa cidade.


Talleres 25 anos

Fotos taller de cestería e nasas.


Fotos taller de redeiras.

Revista Escolar

"25 Anos dando a palabra"

O CEIP Escultor Acuña cumpre 25 anos. Podes achegarte a súa historia no seguinte enlace.

ACTIVIDADES DO 25 ANIVERSARIO

No curso escolar 2009-2010 o noso colexio ten xa 25 anos, e dalgún xeito había que destacalo.

Para iso constituíse en maio de 2009 unha Comisión aberta formada polo equipo directivo, actual e antigo profesorado, anteriores e actuais membros da ANPA, antigos alumnos, representantes da Asociación de Pais e Nais de alumnos xordos de Vigo, Luchi Acuña e o representante do Concello, coordinados por Ángeles Sueiro (Mari).

Dende as primeiras reunións fóronse concretando as actividades a realizar, decidindo centralas na Semana das Letras Galegas, do 10 ó 14 de maio de 2010.

Se queres colaborar connosco, se tes algunha lembranza ou documento relacionado co colexio...

.... PONTE EN CONTACTO CON NÓS.                  A túa historia é a do colexio Escultor Acuña.

Programa de actividades.-Portada

PROGRAMA  DE  ACTOS.- 10 a 14 de maio de 2010

Distribuir contido


by Dr. Radut