Skip to Content

Secretaría

BECAS E AXUDAS

 Dende a Secretaría e o Departamento de Orientación ofrécese información das posibles axudas ás que pode acceder o alumnado do colexio. Basicamente consisten en:

  • Axuda da Consellería de Educación para Libros de Texto e material escolar. (Mes de xuño)

 

  • Axudas municipais para libros de texto (só para Educación Infantil) e comedor (para Infantil e Primaria) (O Concello adoita convocalas en maio-xuño)

 

  • Becas do Ministerio de Educación para Alumnado con Necesidades Educativas Especiais (Solicítanse no mes de setembro)

             As copias (impresas) das solicitude deben entregarse no colexio no mes de setembro.  É IMPRESCINDIBLE POÑERSE EN CONTACTO CO ORIENTADOR PARA QUE REALICE O PRECEPTIVO INFORME.


                 

 

 

 AXUDAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA 1ºe 2ºde Primaria e para acceso ao Fondo de Libros en 3º 4º, 5º e 6º DE E. PRIMARIA    E PARA MATERIAL ESCOLAR.- CURSO 2021-2022

Procedemento ED330B

CONVOCATORIA: Orde do 6 de maio de 2021  

A presentar  ata o 22 de xuño. É preciso que os usuarios do programa de libros teñan realizada a devolución dos do curso anterior e cumprir os requisitos de renda para as axudas de material.

+ información 

 

 

 

 

 

AXUDAS  MUNICIPAIS  PARA  LIBROS (Ed Infantil)  E  COMEDOR

para o curso 2021-2022.

 

ACCESO NA WEB DO CONCELLO

Requisitos:

·         Estar empadronado e residir en Vigo.

  •   Condicións de renda, conciliación laboral/familiar, discapacidade...

(ver convocatoria en documentos adxuntos)

 

Prazo: 20 días hábiles   (ata 7 de xullo)

Presentar dixitalmente ou con cita previa no 010, no 986810260 ou na web www.vigo.org

 

Documentación

1.- Fotocopias dos DNI dos membros da familia maiores de 18 anos.

2.-Fotocopia do Libro de Familia completo.

3.- Outra documentación de interese: discapacidade, aluguer ou hipoteca…

 

 

 

Para estas axudas e calquera outra necesidade é convinte acudir ós servicios sociais do Concello.

En Coia, R/Quintela, 31- (Teléfono 986 288118).

ENTREVISTAS CO PROFESORADO

As familias que desexen entrevistarse co profesorado que imparte docencia ó seu fillo debe facelo a través do/a profesor/a titor/a os martes de 18 a 19 horas. Para facilitar estas reunións é conveniente concertar previamente a cita a través do alumno/a.

 

O profesorado titor é a persoa de referencia para tratar calquera asunto relacionado coa marcha escolar do seu fillo/a. Tras este trámite as familias poden dirixirse ao gabinete de Orientación do centro ou ao Equipo Directivo.

ACCESO A EDUCACIÓN SECUNDARIA

O CEIP Escultor Acuña está adscrito ó IES Álvaro Cunqueiro. Ao alumnado que desexe cursar secundaria neste instituto se lle ofrecerá a solicitude de reserva de praza entre 0 1 e o 15 de febreiro, realizando o colexio todos os trámites precisos.

Quen desexe facelo noutro centro deberá ocuparse persoalmente de todo o proceso de solicitude de praza (mes de marzo)

Posteriormente será preciso formalizar a matrícula no centro de secundaria elixido.

As nais ou pais do alumnado que remata Primaria deben pasar polo colexio a finais de xuño ou comezos de xullo para recoller o Historial Académico.

 

Visita e documentos da Directora do IES Álvaro Cunqueiro. Facer "clic" na imaxeResultado de imagen de ies alvaro cunqueiro vigo

 

Transporte Escolar

O centro conta con 3 liñas de autobuses:

 Para utilizar este servizo, ou para calquera modificación no seu uso, é necesario comunicalo na secretaría do centro.

Horario Escolar

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut