Menú outubro

Menú outubro

Saída Boborás

Saída a Boborás.

O pasado xoves 22 de setembro realizamos unha saída a Boborás, conxunta co colexio de aí, para coñecer a fauna e flora do rio. O alumnado realizou unha actividade de microbioloxía, coñecendo a fauna do río, así como nos iniciamos en como facer anzois e ata puidemos observar a diferencia entre unha rá e un sapo.

Canto aprendemos! 

Menú mes de Setembro

Menú mes setembro

 

 

Novo curso 2022-2023

INICIO DE CLASES 2022/2023

Benvidxs a un novo curso escolar.

O pasado 8 de setembro deron comezo as clases no seu horario de setembro de 9:15-14:15.

Volvemos a sentir a ilusión polos rencontros, a incertidume polas novedades, o nerviosismo ante o descoñecido... pero sobre todo volvemos a normalidade que tanto botabamos de menos.

Desexamos a toda a nosa comunidade educativa un moi bo inicio de curso e que se cumpran todos os nosos propósitos e metas.

 

 

Libros 2022-2023

 

Listaxe de libros para o curso 2022-2023

Libros de texto

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

 

Boas familias, 

Deixámosvos a lista dos libros de texto para o vindeiro curso académico.

Boas vacacións.

Actividades de dinamización da lingua galega

Actividades de dinamización da lingua galega

 

Seguindo co proxecto de dinamización do galego, aquí vos deixamos unha serie de actividades que realizamos ao longo de todo o ano para fomentar o uso da nosa lingua e divertirnos facéndoo:

 

LETRAS GALEGAS 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 

Estimadas familias, como xa saberedes o vindeiro 17 de maio terá lugar a celebración das nosas Letras Galegas, este ano adicadas a XELA ARIAS, unha das voces máis importantes da poesía galega contemporánea.

 

Animámosvos estos días a investigar un pouquiño sobre a súa vida, obras...

 

Dende o cole, levaremos a cabo diversas actividades para conmemorar este día tan importante para os  galegos/as.

 

A pescudar un pouquiño!

 

SEMANA DO LIBRO 2021

SEMANA DO LIBRO

Boas familias,

Como xa saberedes estamos inmersos na semana do libro. Como cada ano o 23 de abril célebrase o día do libro.

Este ano, debido á COVID, o número de actividades a realizar son máis reducidas; non obstante dende a biblio seguirase a fomentar o gusto e a paixón pola lectura, con pequeniñas actividades; así como dende as titorías.

Aproveitade para ler un libro é pasar un bo rato en familia.

 

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho" (Cervantes).

 

Rosalía de Castro como seña do CEIP EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA

SORPRESA!!

Coa volta das vacacións de Semana Santa atopámonos unha grande sorpresa... a figura de ROSALÍA DE CASTRO ficaba nunha das paredes do noso patio en forma dun gran mural!

Moitas grazas a Atípico polo traballo levado a cabo.

 

Dende o centro apostamos para que a identidade e ideoloxía de Rosalía, trascenda nas nosas nenas e nenos, traballando un modelo coeducativo e inclusivo dende os máis cativos.

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós.

 

Distribuir contido