Programacións de 1º de Primaria

Programacións de Educación Infantil

IMPORTANTE!!!!!!!

BO DÍA:

O VINDEIRO LUNS 18 É O DERRADEIRO DÍA PARA FACER A RESERVA DE PRAZA EN CENTROS EDUCATIVOS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS.

O LUNS O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO  NOSO  SERÁ DE 9:00 A 11:00

PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CONTACTAR NO TELÉFONO 988-788-287

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

BO DÍA:

Segundo a Publicación da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicase Xustiza pola que se dá publicidade a diversos acordos do Cecop (Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma) do 5 de maio de 2020 e publicado no DOG número 86 do 6 de maio de 2020  que podedes consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.html

 

 

ACÓRDASE:

RESTABLECER O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, POLO TEMPO QUE RESTABA CANDO SE DECLAROU O ESTADO DE ALARMA, DE XEITO QUE SE INICIARÁ O DÍA 11 DE MAIO DE 2020 E REMATARÁ O DÍA 18 DO MESMO MES.

 

COLABORACIÓN POR PARTE DO CONCELLO

 

DENDE O CENTRO QUEREMOS AGRADECER AO CONCELLO DE SAN AMARO OS SERVIZOS POSTOS A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE ESCOLAR E QUE CONSIDERAMOS FUNDAMENTAIS PARA AXUDAR AS FAMILIAS E PRINCIPALMENTE AO ALUMNADO NESTA SITUACIÓN DE CONFINAMENTO. 

GRAZAS!!!

 

https://www.facebook.com/461605791044625/photos/a.464571244081413/708342963037572/?type=3&theater

 

https://www.facebook.com/461605791044625/photos/a.464571244081413/719588965246305/?type=3&theater

 

 

AXUDAS PARA AS FAMILAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR

O luns 30 de marzo plublicouse a Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Podedes ver a convocatoria no seguinte enlace: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

Estas axudas deberían ser solicitadas "preferiblemente" telemáticamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa Chave 365 ou a sinatura ou certificado dixital. Tamén podían ser xestionadas directamente dende o centro sempre que as familias aportasen a documentación necesaria.

RETO DIARIO!!!!!!

BO DÍA!

NA BARRA DA DEREITA TEDES COLGADO MATERIAL PARA TRABALLAR MANDADO POLO PROFE MIGUEL, QUE PODEDES TRABALLAR TOD@S!!!!!

(NON SÓ O ALUMNADO DO REFORZA-T)

 

TAMÉN A PROFE MARÍA PROPÓN UN RETO PARA CADA DÍA, QUE VOS PARECE, TENTÁMOLO????

ÁNIMO!!!!!!!

 

CLICADE NO ADXUNTO!!!! 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeulogiogomezfranqueira/system/files/14-dias-14-retos.pdf.pdf

Tarefas para estes días

Bo día a TOD@S:

Como levades o confinamento polo coronavirus?

Queremos mandar a toda a Comunidade Educativa unha mensaxe de ánimo así coma o desexo de superar esta situación entre tod@s co apoio e compromiso de cada un/unha de nós!!

Por favor tratade de manter unha serie de rutinas diarias e tamén de actividade lectiva, xa sexa lendo, repasando ou mesmo adentrándovos en temas novos (para o apoio que necesitedes podedes contactar co profesorado a través do wasap, do correo electrónico, ceip.eulogio.gomez.franqueira@edu.xunta.es,  ou do centro ou por teléfono: 988-788-287)

A continuación, a parte das tarefas colgadas para cada curso na barra lateral de Alumnado, indicamos o enlace dunha páxinas web que traballan practicamente todas as áreas de todos os niveis educativos. Tede coiddo porque algunhas delas piden rexistro (e o conseguinte pago) así que tratade de evitalas.

En caso de non poder imprimir as fichas podedes copianal na libreta e facelas!!!!

Non vos agobiedes con tarefas, traballar un pouco todos os días pero sen perder a cabeza!!!

Unha aperta a tod@s!!

http://www.ceiploreto.es/   con moitas actividades on-line con AUTOCORRECCIÓN e MOI COMPLETA, na que están recollidos os libros da editorial SM

https://www.mundoprimaria.com/

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Ante e a suspensión da actividade lectiva por mor do coronavirus COVID-19, comunicamos a todas as familias que nesta páxina web, NA BARRA LATERAL DEREITA DO MENÚ no apartado de ALUMNADO  iremos colgando diferentes enlaces e tarefas para que o alumnado poda traballar na casa. 

Este é o correo electrónico do centro por se queredes facer calquera consulta:

ceip.eulogio.gomez.franqueira@edu.xunta.es 

Tamén podedes chamar ao 988-788-287 en horario de 10:00 a 13:00

 

Recordade tamén que o procesos de admisión do novo alumnado queda suspendido (remataba o vindeiro 20 de marzo)

COMEZA A ANDAR A AULA MADRUGADORA

O vindeiro luns día 6 de maio comezará a funcionar a aula de atención matinal para o alumnado do noso centro, a "Aula Madrugadora"

Este servizo conta coa colaboración co propio centro, da ANPA e do Concello de San Amaro.

A atención será dende as 7:30 ata a hora de entrada ás clases, as 9:30, e conta coa posibilidade de que o alumnado poda almorzar na propia aula.

Os prezos deste servizo son os seguintes (almorcen ou non)

- Atención mensual dun alumno/a .............. 15 € / mes

- No caso de ser dous/dúas irmáns/ás......... 25 € / mes (polos dous/dúas)

- Uso do servizo en días puntuais................  2€ / día

Dende o centro queremos agradecer á Presidenta da ANPA todo o traballo e implicación para poder ofertar este servizo á Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, e tamén ao Concello de San Amaro a súa colaboración (preparando o espazo que se vaia a utilizar) e financiamento (sen o cal non sería posible ofertar uns prezos tan económicos).

Distribuir contido