Skip to Content

Festa de Entroido 2014

O venres 28 de febreiro celebramos no colexio o festa de Entroido. Trasladamonos ao marabilloso mundo da ilusión e da fantasía coas que cada día soñamos da man dos nosos queridos debuxos animados.

Comezaron os pitufos do cole, si, si…!! os pitufos e pitufinas de 3 anos que sairon a bailar e cantar coas súas mellores galas.

 

Continuaron uns paxariños moi anoxados e divertidos; os nenos de 4 anos leváronnos ao alucinante mundo de ANGRY BIRDS.

 

 

 Os nenos e nenas de 5 anos chegaron tamén polo aire desde un país multicolor coa A ABELLA MAYA e os seus amigos FLIP e WILLY.

 

 

 

O alumnado de primeiro chegou do País de Nunca Xamais, onde PETER PAN e Campaíña intentarán convencer ao Capitán Garfio que para ser feliz só ten que ser un neno … pero para sempre!!

 

 

Cos nenos e nenas de segundo viaxamos na máquina do tempo ata a Idade de Pedra. Ou mellor dito, no troncomóbil de PEDRO E WILLMAAAAAA!!!!

 

 

Cos nenos e nenas de terceiro vímolo todo a manchas, porque os 101 DÁLMATAS  han ter que correr se non queren que a malvada Cruela os converta en 101 abrigos!!

 

 

Chegou o momento do desembarco, porque VICKY E OS VIKINGOS de cuarto están dispostos a conquistar a este cole e moito máis … coidado cos cornos!!

 

 

Os que non se deixaron conquistar foron os ousados guerreiros galos; os nenos e neas de quinto amosárannos como sobrevivir na aldea de ASTERIX E OBELIX sen perder nen un obelisco!

 

 

Para rematar, despedimos o desfile retransmitindo dende Gotham, onde as sombras agochan homes-morcego e os tellados son vixiados por mulleres-gato como estes SUPERHEROES de sexto. MIAUUUUU!!

 

 

A continuación unhas montaxes fotográficas do noso festival.

I

II

III

Esperamos que vos gustara e que disfrutasedes tanto coma nós.

Ata o ano que vén!

Esperámosvos!

AdxuntoTamaño
Inf-3A.flv120.51 MB
Inf-4A.flv75.89 MB
Inf-5A.flv71.94 MB
Pri-1.flv118.2 MB
Pri-2.flv62.09 MB
Pri-3.flv120.73 MB
Pri-4.flv73.52 MB
Pri-5.flv102.12 MB
Pri-6-1.flv63.88 MB
Pri-6-2.flv106.94 MB


page | by Dr. Radut