O 16 de maio tivo lugar na biblioteca do noso colexio a representación do espectáculo "Un optimista radical", realizado polo autor noiés Serafín Marcos para difundir entre as novas xeracións a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Houbo tres representacións duns 50´ cada unha.
No espectáculo "Un optimista radical" Serafín Marcos fixo un percorrido pola vida de Francisco Fernández del Riego levando ás persoas asistentes dende Vilanova de Lourenzá, a súa vila natal, ata a cidade de Vigo co humor característico das súas montaxes.
O evento pretende descubrir a traxectoria que fai ao escritor ser merecedor do recoñecemento das Letras Galegas deste ano.
VER FOTOS DESTE EVENTO