Skip to Content

blogue deariberna

Ordes Meco

Xa temos as ordes do Meco deste entroido

Bo Nadal

                                * Postal Gañadora de Tania de 6ºB

 

O profesorado do CEIP Filomena Dato

deséxavos un 

 

 

 

Tedes as fotos colgadas do festival e ensaios no apartado FOTOS  , e os vídeos en cadanseu apartado de ENSINANZAS.

 

 

Lecturas conxuntas

Hoxe tivemos unha actividade de apadriñamentos lectores, onde o alumnado de maior idade lía un conto ao alumnado máis pequeniño. É unha das moitas actividades que facemos na Semana do Libro.

Calquera recuncho do noso centro era un bo lugar para a actividade.

 

 

* Como sempre, se premedes na imaxe accederedes á galería das fotos do momento

 

Curso cortadora plotter

Hoxe tivemos o profesorado unha formación de cortadora Plotter.

Visita museo da gaita de 3º

O martes 9 fixemos unha pequena saída en autobús con Catalina para visitar o Museo da Gaita de Barbadás.

A viaxe foi entetida, na que nos explicaron cousiñas sobre a gaita e tivemos obradoiros prácticos.

Merendamos e puidemos asistir ao salón de plenos do Concello, e alí estaban o alcalde e a concellal de educación.

 

Premede nos gaiteiros y bailaríns para acceder ás fotos.

Compostaxe 3°

Hoxe, o alumnado de terceiro de primaria tivo unha charla sobre a compostaxe e a xestión de residuos. Estivemos moi atentos e atentad para facer o noso mundo máis sostible. Premede para as fotos na imaxe.

 

Deixáronnos un enlace coa explicación 

https://barbadas.rsu.gal/

 

Día da árbore

O xoves fomos os cursos de 2° a plantar árbores moi pretiño.

Traballamos moito!

 

Formación sobre acoso

Onte pola tarde tivemos unha formación sobre violencia na infancia e acoso sexual infantil, para o profesorado da nosa escola.

Unha variedade de exemplos, de items para detectalo e consellos de actuación nos levamos desta asociación AMINO.

Desfile

Aínda a pesar do mal tempo, realizamos o noso desfile polo noso cole.

Pasounos o tempo moi rápido.

Grazas a todas e todos pola vosa asistencia, profes e familias polo seu traballo.

 

Regueifas 4º

O xoves 8 de febreieiro as inclemenzas do tempo non nos deixaron ir a 4º á Praza Vella, co cal tivemos as regueifas no noso patio. Aínda así o pasamos moi ben!

Premede para ver as fotos

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut