Skip to Content

blogue deariberna

Libro da Paz 2020

Dende a biblioteca pedimos a colaboración de profesorado e alumnado para facer o Libro da Paz

A actividade consistía en poñer unhas diapositivas nun libro, na que se puxera nome, nacionalidade, galardón levado ou nominado, e motivo polo que o levou ou se propuxo. Isto máis unha foto formaban un conxunto moi bo.

 

Lecturas 25N

Boa tarde,

Deixamos unha entrada ao blog da biblioteca con recomendacións lectoras para o 25 N

Esperemos que vos gusten

Premede na imaxe e iredes á entrada

Samaín 2020

Queríamos compartir coa nosa comunidade educativa a  exposición de cabazas realizada no centro.

Agradecemos o traballo realizado.

    https://online.flippingbook.com/view/351185/

 

 

 

Artistas do Samaín

Samaín

 

 

 Deixamos unhas actividades para realizar polo Samaín. 

Tedes xogos, pintura, manualidades, vídeos, cancións e de matemáticas.

Esperamos que as disfrutedes.

 

Seguide o blog da biblioteca, no que temos moitos mais recursos que aquí non aparecen.

https://bibliofilodato.blogspot.com/2020/

 

Repoblemos un bosque queimado

Comparto un xogo realizado con Scartch con ideas de aquí e alá, para a Moonhack de Code Club.

É sinxelo. Coas frechas movedes o dron, co espacio soltades unha semente que se convirte en árbore. Pero tede cuidado, se tocas as bolboretas co dron desaparecerán, e se o fas coa semente, a comerán.

Espero que o gocedes e espero, tamén, os vosos feedbacks.

 

Se me enviades un correo ao e-mail ariberna012@gmail.com dicindo que xogaschedes ao xogo, envíovos un diplomiña. Poñede nome e apelidos.

Code Week

Estos días coa conmemoración da Code Week, realizamos no centro actividades que teñan que ver co pensamento computacional.

Realizamos xogos con Cody Roby os mais cativos

 

 

E cos maiores CODE 

 

ou Scratch cos mais atrevidos

 

 Queres botar unha partidiña con este Scratch?

É sinxelo: moves o dron coas frechas e con espacio soltas unha semente, da que crecen árbores. Coidado coas bolboretas, se as tocas co dron desaparecen.

Inicia con clik na bandeira verde, paras no hexágono vermello do lado e podes volver a empezar

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut