Skip to Content

blogue de biblioteca

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O pasado venres 10 de novembro, celebramos o MAGOSTO no noso centro, levando a cabo diferentes obradoiros relacionados co outono e a degustación das castañas.

NOVO PROXECTO DA NOSA BIBLIO. "ESTAMOS RODEADOS"

CAPÍTULO 12. "TAS OU NON TAS"

Este curso seguimos co noso programa “TAS OU NON TAS” con novos colaboradores. Moitos parabéns!

Dende a biblioteca imos traballar un novo proxecto titulado “ESTAMOS RODEADOS” co que imos coñecer todos os animais que nos rodean, adicando este capítulo a un anfibio que na nosa zona coñecémolo como SACABEIRA.

Esperamos que vos guste!

APERTURA DA BIBLIOTECA

CAPÍTULO 11. TAS OU NON TAS

TEATRO: "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa".

O luns 12 de xuño, coa colaboración da biblioteca do IES Alfoz-Valadouro, tivemos a visita das alumnas de teatro de 2º ESO María Carballo, Silvia Fernández e Celia Fernández, xunto coa súa profesora, Paz Quiroga, para representar a obra de teatro "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa".

Encantounos, sodes unhas excelentes actrices!

(Preme na imaxe oara ver as fotos)

CHARLA "EU COMO PEIXE".

O pasado 31 de maio  o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiu na biblioteca a charla "Eu Como Peixe", da man da Organización de Produtores de Pescado do Porto de Burela (OPP-7) e da nutricionista Alba Vila e así coñecer os beneficios de comer peixe, identificar as especies que captura a flota da zona, como a merluza de pincho, o peixe espada, a cabala… e aprender as diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.

Ao final as nenas e nenos recibieron un delantal e un gorro de chef como obsequios.

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano, durante todo o mes de maio realizamos diferentes actividades relacionadas co autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. Entre elas:

- Coñecemos a vida do autor e fixemos libros coa súa biografía, en 1º e 2º e un cómic en 3º e 4º de Primaria. Tamén fixéronse varios xogos, en soporte papel e interactivos 

- Como lle gustaba tanto ler os contos de Calleja, entre eles “Un mundo al revés”, os nenos e nenas de Infantil imaxinaron como podería ser ese mundo.

- De pequeno xogaba con xogos tradicionais e gustáballe moito a música, polo que o pasado xoves 11 de maio, tivemos a animada visita de César Freiria, máis coñecido coma Cé Orquestra Pantasma, que nos fixo cantar e bailar sen parar. Ademais tróuxonos un montón de xogos e xoguetes tradicionais e así gozar dun tempo todos xuntos. Foi moi divertido!

- O martes 16 de maio, acudimos ao cine a Ribadeo a ver a película en galego de Chelo Loureiro, titulada “VALENTINA” e desta maneira lembrar que Francisco cando estaba en Monforte de Lemos, ía ao Cine Moderno Barbagelata.

- Destacar que tivo que usar pseudónimos á hora de publicar as súas obras, polo que os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron o seu propio libriño coas súas citas célebres co corresponde pseudónimo de cada un.

- Lembrando que escribiu libros sobre Danzas Populares, levamos á práctica conxuntamente a “DANZA DOS ARCOS” dende o centro ata a Praia de As Polas.

- O homenaxeado no libro “GALIZA” propón unha ampla viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, rememorou dito libro realizando eses itinerarios interactivos acompañados de fotografías e vídeos de cada lugar. Ademais, realizamos un roteiro a pé dende a desembocadura do Río Ouro ata o centro, visitando os arredores do río, O Portiño e Castro de Fazouro, o Porto baleeiro, o lavadoiro tradicional…

- En plástica, elaboramos simpáticas caricaturas do autor e gravouse un programa especial das Letras Galegas de “TAS OU NON TAS”, titulado “Que fixo Francisco Fernández del Riego por nós?”, parodiando “Que fixeron para nós os romanos?” da películaa Vida de Brian.

 

CHARLA DE NUTRICIÓN - HÁBITOS SAUDABLES.

Hoxe o alumnado de Educación Primaria recibiu na biblioteca unha charla a cargo de Leticia, sobre Nutrición e Hábitos Saudables, organizada pola FAPACEL e solicitada pola ANPA para o noso centro.

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

A Real Academia Galega adícalle a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010) o Día das Letras Galegas 2023.

Dende a biblioteca deixámosvos varios enlaces con información da súa vida e obra.

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut