MATRÍCULA CURSO 24-25
NOVA MATRÍCULA PARA CURSO 24-25
O PRAZO PARA NOVAS MATRÍCULAS ESTÁ ABERTO DENDE O DÍA
1 DE MARZO AO 20 DE MARZO DE 2024
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. ) Segundo a nomeada Orde, terase en conta o seguinte:
1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A vía recomenda pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na Guía de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B.
De todos os xeitos poderán entregar a súa solicitude en papel na secretaría do centro no mesmo prazo establecido do 1 ao 20 de marzo. Os impresos están na conserxería do centro ou ben pode descargar os impresos dende aquí
OFÉRTANSE OS SEGUINTES POSTOS ESCOLARES
CURSO |
VACANTES |
4º EDUCACIÓN INFANTIL |
20 |
5º EDUCACIÓN INFANTIL |
0 |
6º EDUCACIÓN INFANTIL |
5 |
1º EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA |
7 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA |
2 |
Se é necesario presentar documentación xustificativa dos criterios alegados darase o prazo estipulado na normativa.
O CEIP plurilingüe de Frións ten adscrito o IES Leliadoura. A área de influencia vén determinada no mapa que aprobou
a Xefatura Territorial e que se pode consultar na dirección deste centro.
O CENTRO PLURILINGÜE DE FRIÓNS DISPÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:
- SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO(RD 443/2001)
- SERVIZO DE COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA POLA CONSELLERÍA (Decreto 132/2013)
- SERVIZO DE PLAN MADRUGA XESTIONADO POLA ANPA.
En Frións a 27 de febreiro de 2024
Josefa Otero Callón
Directora
- Inicie sesión para enviar comentarios