Secretaría

MATRÍCULA CURSO 2023/24

 

                                    MATRÍCULA CURSO 23/24

Estimadas familias dende 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para a matrícula do curso escolar 2023/24.

O noso centro ten horario de 9:45 a 14:45 e conta cos servizos de comedor,dúas liñas de transporte (liña azul liña verde)

plan madrugadores.

Os vindeiros martes 20 e 27 de febreiro de 16: 00 a 18:00, as familias que o desexen poderán visitar o noso centro,

preferiblemente  mediante cita previa.

Para reservar a súa cita poden chamar ao 881867027 ou mandar un correo a ceip.frions@edu.xunta.gal

Tamén poden descargar o noso tríptico informativo pinchando aquí.

                        Anímense a coñecer o noso centro!!

  

 

Atentamente

 

                                                                      A Dirección

 

Secretaría

             EQUIPO DIRECTIVO

     Directora: Josefa Otero Callón.

     Xefa de estudos: Ángela Paz Codesido.

     Secretaria: Olga Mato Creo.

 

       Contacto

     881 867 027
     ceip.frions@edu.xunta.gal
 
* Horario de atención ao público de luns a vernes de 9:45 a 10:30. (A ser posible, con cita previa mediante vías telemáticas).
 
Os días non lectivos para o curso 23/24:
- 12 de setembro de 2023 (festivo local).
- 20 de maio de 2024 (día non lectivo elixido polo centro)
 
 

MATRÍCULA CURSO 23/24

 

                                           MATRÍCULA CURSO 23/24

                 Estimadas familias dende 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para a 

       matrícula do curso escolar 2023/24.

                 O noso centro ten horario de 9:45 a 14:45 e conta cos servizos de comedor,

       dúas liñas de transporte (liña azul liña verde) e plan madrugadores.

         A partir do 1 de marzo poden pasar polo centro para recoller

      os documentos de matrícula ou ben pode descargalos no seguinte enlace: 

                                    DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA

Para calquera dúbida poden chamar ao 881867027 ou mandar un correo a ceip.frions@edu.xunta.gal

 

 

CALENDARIO PARA RESERVA DE PRAZO, ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 23/24

Este é o calendario remitido pola Inspección Educativa sobre a RESERVA DE PRAZA, ADMISIÓN E MATRÍCULA para o curso 2023/ 2024.

Se queres descargalo, pincha aquí:

 

 

CALENDARIO PARA RESERVA DE PRAZA, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 23/ 24

MATRÍCULA CURSO 22/23

 

                                           MATRÍCULA CURSO 22/23

                 Estimadas familias dende 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para a 

       matrícula do curso escolar 2022/23.

 

                O noso centro ten horario de 9:45 a 14:45 e conta cos servizos de comedor,

       dúas liñas de transporte (liña azul e liña verde) e plan madrugadores.

 

        O vindeiro martes 22 de febreiro de 16: 00 a 18:00, as familias que o desexen

poderán visitar o noso centro. Debido á situación COVID 19, este ano non podemos

facer unha xornada de portas abertas, pero mediante cita previa poderán visitar o

centro en   pequenos grupos.

Para solicitar a cita deben chamar ao 881867027 ou mandar un correo a ceip.frions@edu.xunta.gal

 

                               Atentamente

 

                                    A Dirección

 

 

RESERVA DE PRAZA DE CENTROS ADSCRITOS

Estimadas familias de 6º de primaria:

 Informamos que o dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro establécese o prazo de preinscripción para que o alumnado de 6º de Primaria poida solicitar praza no noso centro adscrito (IES Leliadoura). No caso de que quixeran solicitar praza noutro centro que non sexa o IES Leliadoura, deberán presentar a solicitude no centro escollido. 

Hoxe foi repartido ao alumnado de 6º o ANEXO I que debén entregar cuberto á dirección do centro nos vindeiros días

 Achegamos enlace da ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzode 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

DESCARGA AQUÍ O IMPRESO

DOCUMENTOS COVID-19

     ESTIMADAS FAMILIAS:

AQUÍ PODEDES ACCEDER A TODA A DOCUMENTACIÓN E PLANS

RELACIONADOS CO PROTOCOLO COVID-19 DO NOSO CENTRO.

     PLAN DE ACOLLIDA COVID-19

     PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19

     PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19

INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 2021/22

NOVA MATRÍCULA PARA CURSO 21_22

O PRAZO PARA NOVAS MATRÍCULAS ESTÁ ABERTO DENDE O DÍA

1 DE MARZO AO 22 DE MARZO DE 2021

(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. )

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 polo que se regula o procedemento para a admisióndo alumnado no segundo ciclo de educación infantil e primaria, así como a ORDE do 25 de xaneiro de 2017

Segundo o artigo 13 da nomeada Orde, terase en conta o seguinte:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

A vía recomenda pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na Guía  de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B.

 

  De todos os xeitos poderán entregar a súa solicitude en papel na secretaría do centro no mesmo prazo establecido do 1 ao 22 de marzo. Os impresos están na conserxería do centro.  Pode descargar  os impresos dende aquí.

 

OFÉRTANSE OS SEGUINTES POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

25

5º EDUCACIÓN INFANTIL

8

6º EDUCACIÓN INFANTIL

6

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

-2

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

2

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

1

 

 Se é necesario presentar documentación xustificativa dos criterios alegados darase o prazo estipulado na normativa.

 

O CEIP plurilingüe de Frións ten adscrito o IES Leliadoura.

A área de influencia vén determinada no mapa que aprobou a Xefatura Territorial e que se pode consultar na dirección deste centro.

 

O CENTRO PLURILINGÜE DE FRIÓNS DISPÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

•  SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO.(Instrución 22 de xuño de 2009)

•  SERVIZO DE COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA POLA CONSELLERÍA  (Decreto 132/2013)

 

En Frións a 26 de febreiro de 2021

  

Luís Teira Parada

Director

VISITA AO CENTRO

 

              Estimadas familias dende 1 ao 22 de marzo está aberto o prazo para a matrícula do curso escolar 2021/22.

     O vindeiro 23 de febreiro de 16: 00 a 17:50, as familias que o desexen poderán visitar o noso centro. Debido á situación COVID 19, este ano non podemos facer unha xornada de portas abertas, pero mediante cita previa poderán visitar o centro de forma individualizada.

     Para solicitar a cita deben chamar ao 881867027 ou mandar un correo a ceip.frions@edu.xunta.gal

 

             Atentamente

             A Dirección

 

Distribuir contenido