Skip to Content

DÍA 5 NON LECTIVO

Estimadas familias, comunícase que o luns DÍA 5 DE DECEMBRO, non será lectivo no noso centro, logo da comunicación de concesión pola Xefatura Territorial de Educación.

Saúdos

ALUMNOS GREGOS COÑECEN O NOSO CEIP

Alumnado grego coñece Carballo a través do Ceip de Sofán, este pasado venres desde as aulas de 6º de primaria do noso centro, conectamos cun centro educativo de primaria en Volos, Grecia,mediante videoconferencia.

EXPOSICIÓN DE FOTOS SOBRE O PRESTIGE NA BIBLIOTECA

Mañan mércores 23, estará exposta no Ceip de Sofán, una colección de fotos sobre o Prestige, cedida por Ramón Busto, que relata en grandes imaxes

XORNADAS DE NUTRICIÓN PARA PRIMARIA

Este xoves 24 veu ao noso centro Eloi, un nutricionista que estivo a falar de hábitos de alimentación saudable, aos nenos e nenas de primaria.

XORNADA DE ESCALADA NO CENTRO

Hoxe quedou oficialmente inaugurado o rocódromo do noso Ceip, coa celebración dunha xornada de escalada, patrocinada pola Deputación da Coruña e o club AMI da Coruña, con todo o alumnado de primaria.

VIDEO ALUMNADO POLO SAMAÍN

RADIO SOFÁN COMPARTE AUDIOS DE SAMAIN

Podedes escoitar os audios que fixeron os alumnos de 6ºB de EP e de de EP, por esta orde, na nosa radio Sofán, meten medo!!!

CONCURSO DO PEÓN

Hoxe celebramos o concurso do peón no noso cole e quedou gañadora na final a alumna SILVIA CANEDO VARELA de 5º de E. Primaria. Noraboa!!!

DIAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

O vindeiro luns 31 de outubro non haberá clase por celebrarse o día do ensino, e o martes día 1 tampouco por ser festivo nacional, polo que retomaremos as clases o mércores 2 de novembro.

Saúdos. Equipo directivo 

ROCÓDROMO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

Esta semana quedou instalado o rocódromo no noso centro, dentro das obras de mellora realizadas polo Concello de Carballo, instalouse un rocódromo de iniciación para todos os escolares, inagurarase o vindeiro 10 de novembro cunha xornada de formación para todo o alumnado, coa colaboración de AMI (asociación de montañeros independiente

Distribuir contido


by Dr. Radut