Skip to Content

AXUDAS DE ESTUDOS PARA ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

 Informamos da convocatoria de axudas para o alumnado do 2º ciclo de Ed. Infantil (3, 4 e 5 anos), que ven de convocar o Concello de Carballo (catrocentas axudas de 150€)

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado enviado aos domicilios e dispoñible tamén na páxina web https://sede.carballo.gal ou nos rexistros do Concello de Carballo ata o 12 de maio de 2022.

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellería de Cultura, para recibir información que precisen será de luns a venres de 11:00 a 12:30 horas.

EQUIPO DIRECTIVO

 

AGRADECEMENTO SAVE THE CHILDREN

SOFAN NEWS__EDICION MARZO

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN EN FAVOR DOS NENOS E NENAS DE UCRANIA

Estimadas familias:

  O mércores 23 de marzo nos sumaremos ao movemento por UCRAINA, da man de SAVE THE CHILDREN, leeremos un manifesto en contra da guerra con todo o alumnado, e mostraremos os traballos feitos polo alumnado como apoio á situación que viven os nenos e nenas de Ucraina.

Faremos unha carreira solidaria para recaudar fondos para este cometido, como noutras ocasións, pero agora os kilómetros de solidariedade van adicados á infancia de Ucraina.

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23, EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de admisión, dende o 1 ao 21 de marzo.

Nos documentos adxuntos está dispoñible o ANEXO II relativo ao proceso e as VACANTES para o curso 2022/2023, a normativa e unha NOTA INFORMATIVA sobre o proceso, o ANEXO pódese descargar para cubrir e posteriormente entregar asinado no centro, tamén no seguinte enlace da Consellería de Educación, podedes consultar toda a normativa relacionada co proceso de ADMISIÓN, así como xestionar a propia solicitude. Pinchar aquí

A documentación a presentar é a seguinte:

-Formulario de solicitude de admisión ANEXO II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).

INICIO PERIODO FROITA EN XANEIRO

 

 

Estimados pais:

Hoxe, luns 17 de xaneiro, comenza o primer período de FROITA ata o día 28 de xaneiro, o día 31 de xaneiro comenzará o período de LEITE ata o 25 de febreiro. As familias que queiran poden enviarlle igual a merenda aos seus fillos e fillas.

FROITAS : mazá, plátano, laranxa, pera e uva. (1ª semana), mandarina, piña, mango, pera e mazá (2ª semana).

RESERVA DE PRAZA 6º PRIMARIA NO IES MONTENEME PARA O CURSO 2022/2023

Estimadas familias,

O alumnado de 6º de primaria pode facer a RESERVA DE PRAZA, no IES MONTENEME para o Curso 2022/2023, desde o 11 de xaneiro ata o 4 de febreiro no centro onde cursan 6º EP, tedes que entregar cuberto o ANEXO I que foi entregado no día de hoxe ao alumnado no centro.


Se entregará en SECRETARÍA, en horario de 9:50 a 10:40 de luns a venres, para calquera dúbida contactade no 881 880 427.

Se algunha familia non quere facer a reserva no IES MONTENEME, terá que entregar a renuncia á reserva de praza

VACACIÓNS DE NADAL

Estimadas familias,

O Ceip Plurilingüe Gándara Sofán, quere dexesarvos un BO NADAL E FELIZ 2022 e informarvos que desde o día 22 de decembro ata o 9 de xaneiro o centro permanecerá pechado.

Voltamos o luns 10 

Saúdos

O GÁNDARA SOFÁN COA INFANCIA E CONTRA A VIOLENCIA

Adicaremos esta semana a realizar diferentes tarefas en torno á defensa dos dereitos da infancia e contra todo tipo de violencia. Estade atent@s ó traballo feito, que será publicado nos distintos blogs do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut