Skip to Content

Educación artística

actividades de música y plástica

Educación Artística no CEIP Illas Cíes

 

O CEIP Illas Cíes conta cunha aula destinada á Educación Musical e unha aula específica de Educación Plástica para o alumnado de educación primaria, o cal facilita considerablemente o traballo con diversas técnicas,.

Na aula de plástica temos mesas para o traballo en equipo (organizadas por cores), taburetes, e ademáis a aula conta con auga corrente (todo un luxo!). A aula de música é bastante ampla de xeito que nela podemos facer actividades de movemento, expresión corporal e danza; temos así mesmo unha considerable dotación de instrumentos musicais, ordenador, teclado, cadea musical e canón de vídeo.

A metodoloxía na área de Educación Artística na etapa de primaria no noso centro tenta seguir os seguintes principios:

  • Inductiva: os contidos teóricos adquírense a través da previa vivencia práctica por parte dos alumnos.
  • Activa: no senso de estimular a actividade física e intelectual do alumnado.
  • Colectiva: tenta estimular a capacidade de traballar en equipo.
  • Ecolóxica e solidaria: tenta aproveitar materiais de refugallo como material didáctico e está preocupada polo desenvolvemento dos valores no alumnado.

DECORAMOS O CENTRO POLO NADAL CON MATERIAL DE REFUGALLO

 

En coherencia co tema vertebrador "RRReciclArte" que estamos a desenvolver este curso escolar no centro, o alumnado realizou decoración de Nadal con marerial de refugallo: casas con retais de tela e trozos de papel, copos de neve con CDs, e copos en tres dimensións con porospán.

Tamén reutilizamos os Papá Noeis doutros anos.

Distribuir contido


by Dr. Radut