CEIP ILLAS CÍES
ACTIVIDAD SOBRE RODAS
Hoxe quixemos realizar unha das tradicións galegas: poñer ao remollo as herbas de San Xoán para poder mañá lavar a cara coa auga.
Botamos xesta, fiuncho, romeu, herba Luísa, herba de San Xoán, malva, fento e rosa. Qué arrecendo!
Moitas grazas, familias pola vosa colaboración!
O xoves día 9 de xuño fixemos unha saída ao parque de Castrelos.
Fomos camiñando dende o colexio e, ao chegar, o primeiro que fixemos foi visitar os xardíns do pazo. Alí merendamos e despois fomos a xogar ao parque.
Que ben o pasamos!
Hoxe fomos de excursión ás Illas Cíes.
Fixemos unha ruta ata o Alto do Príncipe, bañámonos e xogamos na praia. Comemos e, por último, participamos nunha gincana.
Foi un día estupendo!
Celebramos as Letras Galegas, adicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán.
Asistimos á presentación do autor realizada polos compañeiros de 5º P na Biblioteca do centro.
Colgamos prendas de roupa do traxe rexional galego coas verbas en galego elexidas por nós.
Co gallo da visita do alcalde de Vigo ao colexio, nós fomos os encargados de darlle a benvida facendo unha actividade de acrosport.
Hoxe fixemos lectura ao aire libre para celebrar o Día Do Libro que foi o pasado 23 de abril.
Hoxe transportámonos á Idade Media, desenvolvendo oficios desa época no taller Antiguorama, dentro das actividades do Camiño de Santiago.
Hoxe participamos nun acto contra a guerra de Ucrania e a favor da PAZ.
Gardamos un minuto de silencio, leuse un alegato e todos gritamos: QUEREMOS QUE NOS DEVOLVAN A PAZ!
Esta semana, do 14 ao 18 de marzo, coidamos o galiñeiro. Fixemos todas as tarefas con moita ilusión, sobre todo, recoller os ovos!