Skip to Content

6º Curso

Semana do 1 ó 5 de xuño

O próximo día 5 de xuño celébrase o Día do Medio Ambiente polo que esta semana imos facer unha tarefa relacionada:

Tarefa 25 : Os tipos de enerxía e o seu impacto

Sabedes que a enerxía é moi importante verdade? Defínese como a capacidade de facer funcionar as cousas.

A enerxía non se crea nin se destrúe. Transfírese, transfórmase, almacénase e transpórtase. A enerxía pode manifestarse de diferentes maneiras; en forma de calor, de electricidade… o que dará lugar aos tipos de enerxía: térmica, luminosa, mecánica etc.

A enerxía obtense de dous fontes:

FONTES RENOVABLES: as presentes na natureza e que non se esgotan (o vento, a luz do sol ou as ondas do mar).

FONTES NON RENOVABLES: aquelas que se esgotan a medida que as usamos (petróleo ou carbón).

1. Fíxate no seguinte vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=NAPAMIpGB-s

Unha vez visto o vídeo, fíxate no esquema que se atopa no documento adxunto.

2. Copia e relaciona as dúas columnas:

FONTES

 

 

FORMAS

Vento

Mecánica

Petróleo

Luminosa

Sol

Térmica

Uranio

Química

Auga

Nuclear

3. Copia e relaciona as columnas:

Enerxía mecánica

Transmítese en forma de calor.

Enerxía nuclear

Posúena os corpos en movemento.

Enerxía térmica

Contéñena os combustibles.

Enerxía química

Obtense de substancias como o uranio.

Agora que xa recordas os diferentes TIPOS DE ENERXÍAS, atento/a:

4. Le o seguinte texto

Susana é unha nena que cree preocuparse moito polo medio ambiente. Digo cree porque eu penso que o podería facer mellor pero quero a túa opinión.

Cando realiza unha manualidade, intenta reutilizar materiais, crear e darlle un novo uso a certas cousas. Tamén recicla o lixo da súa casa. Ademais, está ensinando ao seu irmán pequeno a clasificar o lixo para saber en qué contenedor poñer cada cousa.

Pero as miñas dúbidas veñen cando está na súa casa e ten despistes. Por exemplo, cando está a preparar un bocadillo, deixa a neveira aberta; despois lava os dentes e deixa aberta a billa, e tamén, estando na ducha, deixa correndo a auga mentras se enxaboa…

 

5. Reflexiona se Susana podería mellorar os seus hábitos

 

6. Qué consellos darías a Susana para coidar o noso fogar (A TERRA)?

 

-

-

-

 

7. Elaboración dun Lapbook (unha especie de "libro" desplegablemoi visual. Podes empregar cartolinas, folios de cores, pintalos ti mesmo/a, recortes etc.) ou dunha presentación tipo Power Point,  Prezi... (ELIXIR UNHA OPCIÓN)

  1. O tema a tratar é a ENERXÍA.

  2. Realiza unha choiva de ideas e anótaas(que é a enerxía, tipos, renovables ou non, consellos, que podes facer para disminuír a enerxía non renovable…).

  3. Colle unha folla en sucio e planifica como vas distribuír os títulos.

  4. Busca información.

  5. Comeza a decorar e plasmar a información no lap book ou na presentación a ordenador.

 

 

Tarefa 26: Calculamos porcentajes de una cantidad

El cálculo de porcentajes es un contenido esencial y muy útil en vuestro día a día para calcular, por ejemplo, descuentos. Mirad el siguiente vídeo (también podeis consultar las páginas 116 y 118 del libro de matemáticas):

Es importante que asocies los porcentajes a una fracción con denominador 100. Por ejemplo 45% será igual a 45/100 que será igual a 0,45.

Para calcular el tanto por ciento de una cantidad se multiplica la cantidad por el tanto por ciento deseado y el resultado se divide  entre 100.

Por ejemplo: el 15% de 30

Multiplicamos 30 x 15 = 450

Ahora dividimos 450 ÷ 100 = 4,5

Por lo que el 15% de 30 = 4,5

Cuando tengáis claros los conceptos haréis las siguientes tareas online:

A terminar en cada página acordaos de escribir vuestro nombre y de poner el email de clase  (illasciessexto@gmail.com) para que me lleguen vuestros trabajos. Tenéis la opción también de comprobar las respuestas.

Si tenéis dudas podemos hablarlas en las reuniones del miércoles. Recordad que los que no tuvisteis tiempo de exponer vuestras presentaciones sobre los países de la Unión Europea lo haréis esta semana.

 

Ánimo, mozas e mozos, estades traballando xenial. :)

 

Semana do 25 ó 29 de maio

Tarefa 21: Vídeo Graduación

Imos facer un gran vídeo para a vosa graduación. Falaredes do voso paso polo colexio, dos amigos que fixestes, de acontecementos que vos marcaron, de anécdotas graciosas, de cousas que nunca esqueceredes...

 

 

Tedes que enviar dous vídeos de 20 segundos máximo cada vídeo. Todos tedes que facer os dous. En formato mp4, en HORIZONTAL e en galego. Por favor, fixádevos ben en como se pide que teñen que ser os vídeos, para non facer o traballo dúas veces.

  • Primeiro vídeo:

Non pode durar máis de 20 segundos. Podedes elixir entre as seguintes opcións:

- Un pequeno resumo de como foi o voso paso polo colexio. Podedes falar a nivel xeral ou dalgún ano en especial.

- Dos amigos que fixestes.

- De acontecementos que vos marcaron.

- De anécdotas graciosas ou bos recordos.

- De cousas que nunca esqueceredes ou que pensades que deben quedar recollidas para sempre...

  • Segundo vídeo:

Non pode durar máis de 20 segundos. Podedes elixir entre as seguintes opcións:

- Enviarlles unha mensaxe os vosos compañeiros

- Darvos un consello a vos mesmos nun futuro

Podedes axudarvos de debuxos, fotografías, atrezzo... para ambientar o que ides contar.

Tedes ata o xoves 28 ás 23:59 para enviar os vídeos.

 

Tarefa 22: Presentación dos vosos países

Na reunión desta semana faredes unha presentación oral na que falaredes do país sobre o que fixestes o traballo da Unión Europea. Preparade con antelación o que ides contare ensaiade un pouco. A clave dunha boa presentación é a práctica.

Os días de reunión serán os seguintes:

  • Mércores 27: de 10:30 a 11:30 Grupo 1

  • Mércores 27: de 12:00 a 13:00 Grupo 2

Recollestes información moi interesante sobre diferentes países membros, curiosidades, gastronomía, lugares impresionantes que visitar... A ver se conseguides que os vosos compañeiros e compañeiras se enamoren do voso país coa vosa presentación.

 

Tarefa 23: Repaso xeral de Ciencias da Natureza

Tedes en adxunto esta tarefa. A enviades para Estela nun email aparte.

 

 

Tarefa 24: Mínimo común múltiplo

La pasada semana con el Bingo parece que muchos os olvidasteis este concepto. Podéis repasarlo en la página 40 del tema 3. Después, haréis el siguiente ejercicio:

Una vez sepáis que está hecho de la mejor manera que podéis le dais aTERMINADO”. Ponéis vuestro nombre y me llegarán a mi automáticamente. Así veo lo que sabe cada uno y si os acordáis de conceptos fundamentales como este.

 

Isto é todo por esta semana. Lembrade enviar o vídeo antes do venres, para o resto de tarefas tedes toda a semana para facelas. Ánimo :)

 P.D. Esta é a ultima semana para enviar a foto para a orla. Os rezagados enviádea canto antes.

ASÍ TRABALLA O ALUMNADO DE 6º

Aquí podedes ver algunhas das tarxetas de presentación. 

Parabéns equipo!!!

 

 

 

Anxo-  Crea un centro social

 

 

Adriana- Crea unha escola infantil

 


Alyssa- Crea un centro de perruquería e estética

 

 

André- Crea unha empresa de cousas de deporte

 

 

Aroa- Crea unha tenda de roupa de marca

 

Estaban- Crea unha empresa de Drones de Combate

 

Ikram- Crea unha clínica veterinaria para animais salxaves

 

 

Hugo- Crea unha empresa de medicamentos naturais

 

 

Gabriela- Crea unha empresa de diseño de moda

 

 

Izan- Crea unha empresa de roupa de baile

 

 

Mikel- Crea unha empresa de construción de armamento militar

 


Sabela- Crea unha empresa de cosméticos

 

Joel- Crea unha empresa de papel hixiénico

 

 

Óscar- Crea unha empresa de material dixital

 

 

 

Ángel José - Crea unha empresa de diseño de videoxogos

 

Raquel- Crea unha papelería

 

 

 

David- Crea un concesionario de coches

 

 

 

Gael- Crea o seu estudio de arquitectura

 

 Mathilde- Crea a súa empresa de comida internacional e

restaurantes con estrela Michelin a domicilio

 

 

Martín- Crea unha escola deportiva

 

 

Xavi- Crea unha empresa dedicado ao turismo na Natureza

 

 

Anaís - Crea unha tenda de roupa

 

Semana do 19 ó 22 de maio

O noso vídeo sobre Calvalho Calero está subido á páxina principal do cole. Noraboa polas vosas aportacións, sodes unha clase moi traballadora e quedou un vídeo moi bo. Deixo o link do vídeo por aquí(https://www.youtube.com/watch?v=Rh3XhCGt_6U ) e paso a explicar as tarefas desta semana:

 

Tarefa 19: Bingo matemático

O luns pola mañá cada un de vos recibirá no seu correo electrónico un cartón para xogar ó bingo.

Ese cartón soamente contén as instrucións para averiguar os números que vos tocaron, polo que teredes que resolver cada cadrado co número correcto. Son contidos que traballamos ó longo de todo o curso, polo que podedes axudarvos do libro se non recordades algo.

Esta semana faremos dous grupos para as reunións en liña. Serán o mércores pola tarde:

  • Grupo 1: de 4 a 5 pm
  • Grupo 2: de 5:30 a 6:30 pm

Tedes que ter os vosos cartóns resoltos para esa reunión posto que na reunión xogaremos ó bingo en directo. Eu farei o sorteo, e vos iredes vendo se vos van tocando os números ata que alguén sexa o primeiro en completar o cartón.

Resolvede os vosos cartóns con ollo, posto que terédesmos que enviar.

*A partires da semana do 25 de maio faremos sempre as reunións os mércores pola mañá.

 

Tarefa 20: Invento a miña empresa

Nesta actividade ides repasar os sectores económicos e algún contido de lingua. Teredes que inventar a vosa empresa, pensar en que sector a situariades e crear unha tarxeta de presentación da mesma.

Tedes a actividade desenvolta no adxunto. A vai corrixir Estela, polo que no asunto debedes indicar que o email é para ela.

 P.D. Non vos esquezades de ir mandando a foto da orla.

Semana do 11 ó 15 de maio

Comezamos a semana das Letras Galegas, aínda que polas circunstancias que estamos vivindo esta data celebrarase oficialmente en outubro. Este ano adícanselle a Ricardo Carvalho Calero, un célebre autor ferrolán reintegracionista, unha postura que defende que a lingua galega e o resto de variantes da lingua portuguesa son unha lingua única.

TAREFA 18: Gravamos un documental informativo.

1.Toda a clase vai gravar un informativo televisivo sobre a vida de Carvalho Calero.En adxunto hai unha pequena biografía do autor e antes de cada parte está o que tedes que gravar cada un na casa cos vosos nomes. Fora vergoña! Tedes que enviar un vídeo:

  • HORIZONTAL no que saiades dicindo a parte que vos toca (podedes facer un decorado ou cartel axeitado segundo a parte que vos toque, valorarase a orixinalidade).
  • En formato MP4.

Lémbrovos que o traballo é obrigatorio. A data límite para enviar o vídeo é o mércores 13 ata as 23:59 da noite, tedes 3 días.

2. Ademais de gravar o vídeo, deixo en adxunto tamén unhas actividades sobre a mesma temática. Se non tedes impresora podedes copiar as preguntas a man e enviarme as fotos (sempre co voso nome nos arquivos e que se lea claramente o escrito).

3. Por último, tedes que resolver o seguinte ESCAPE ROOM sobre Carvalho Calero. Lede primeiro ben a súa biografía (o arquivo do documental informativo). O facelo conseguiredes un código que me teredes que enviar para que vos de a actividade como superada:

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

Para as actividades e o escape room tedes toda a semana.

  • Lembrade que ó longo do mércores e o xoves nos reuniremos por videoconferencia; xa están enviadas todas as invitacións, se alguén non a recibiu que mo faga saber.
  • O blog da biblioteca do cole https://bibliotecaillascies.wordpress.com/ publica diariamente contido moi interesante. Recordade que tedes que facer polo menos 30 minutos diarios de lectura. Pasade a botarlle un ollo e atoparedes un montón de recursos!

Así traballamos

Déixovos unha mostra das presentacións que fostes mandando.

Óscar, que fixo unha presentación interactiva incríble:

Adriana escolleu Luxemburgo:

André  que investigou sobre Irlanda:

Xavier (https://www.canva.com/design/DAD7bAuiYR8/MixHaxuXz_2u3LZe1IeMeQ/view), que falou do Brexit e viaxou a Grecia:

Anxo ( _https://prezi.com/p2goixoq8nwf/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share_) fixo un Prezi orixinalísimo (entre outras cousas están todos os himnos dos países da Unión Europea) no que fala do Día de Europa dende o seu escritorio:

Sabela investigou sobre Austria:

Esteban tamén elixiu Grecia:

Rubén quedou abraiado con Polonia e a súa historia na 2ª Guerra Mundial:

Hugo fixo unha investigación interesantísima sobre Lituania:

Boa fin de semana!

Semana do 4 ó 8 de maio

TAREFA 17. O día de Europa.

O próximo sábado 9 de maio será o día de Europa. Dende o Illas Cíes decidimos que esta semana todo o cole faría actividades sobre esta temática. No segundo trimestre afondamos bastante no tema, así que xogades con vantaxe. A tarefa desta semana será a seguinte:

1. Lede a lenda: El rapto de Europa

 

El rapto de Europa.

Zeus rapta a Europa

Hubo un tiempo en el que aún no se habían decidido los nombres para cada continente. En el caso de Europa, se eligió ese nombre por un motivo bien curioso que nos cuentan desde la mitología griega.

Una vez el dios Zeus estaba observando el mundo desde su casa del Olimpo y se fijó en una princesa fenicia llamada Europa que estaba bañándose en la playa junto a sus amigas. Zeus se enamoró perdidamente de ella y decidió conquistarla, pero todo el mundo tenía miedo de los dioses. Así que bajó a la playa convertido en un hermoso toro blanco y además muy manso y muy tranquilo.

La princesa Europa vio al precioso toro blanco en la orilla del mar y se acercó a él. Tenía un tacto agradable, le acarició el lomo y se montó en el toro como si fuera un caballo. En ese momento el toro se adentró en el mar con la princesa agarrada a sus cuernos y nadaron y nadaron muy lejos hasta las costas de la isla mágica de Creta.

Allí se quedó a vivir Europa, en la misma isla donde estaba el laberinto de Dédalo. Y durante mucho tiempo nadie supo de ella. Su familia la buscaba por todas partes pero nadie la había visto, solo sus amigas dijeron que se había adentrado en el mar a lomos de un toro blanco.

La familia de la princesa Europa se recorrió medio mundo buscándola.

- ¿Habéis visto a Europa?- preguntaban desesperados en cada lugar al que llegaban.

Pero nadie la había visto. Su familia pasó por Italia y allí no había rastro de ella. Luego fueron a España, a Portugal, a Francia, a Holanda... Se recorrieron todo el continente haciendo la misma pregunta.

- ¿Habéis visto a Europa?

Los habitantes de cada lugar se preguntaban unos a otros por Europa y así, de tanto mencionarla, todos los lugares por los que pasó la familia en busca de la princesa se llamaron Europa.

Y mucha gente se pregunta cómo es que los familiares de Europa se recorrieron todo el continente y no la encontraron. Pero es que no pudieron llegar a Creta en ningún momento. Resulta que por aquella época nadie podía acercarse a las costas de Creta porque un gigante de bronce llamado Talos impedía la entrada a la isla. Pero esa es otra historia que dejaremos para otro día.

Laura Vélez. Redactora de Guiainfantil

2. Mirade estes vídeos nos que se fala do día de Europa e da creación da Unión Europea:

 

3. Agora que chegastes ata aquí tedes que elixir unha das seguintes opcións:

 

A) Facer un traballo escrito cun editor de textos (Libre Oficce, Word...). O traballo debe ter as seguintes características: letra Arial 12, interliñado 1,5 puntos, portada, índice e bibliografía. Mínimo 3 páxinas, máximo 8. (sen incluir a portada, o índice e a bibliografía).

B) Facer unha presentación (Power Point, Prezzi...). Anímovos a escoller esta opción e investigar sobre o uso deste tipo de ferramentas.

C) As persoas que non teñan aínda acceso a medios tecnolóxicos coma un ordenador para facer o traballo poden facelo a man e enviar unha foto. Prégovos que fagades a foto con atención a que se lea ben  o escrito. Podedes utilizar unha aplicación do móbil con escáner.

 

Elixades a opción que elixades, os traballos deben conter a seguinte información:

  • Mapa de Europa
  • Que é a UE?
  • Pequena aproximación histórica sobre a UE (debe quedar recollido o ano no que se incorporou España)
  • Institucións
  • Premios recibidos por parte da UE
  • Símbolos (bandeira, lema oficial, himno...)
  • Países que forman a UE.
  • Debes elixir un país da UE e falar de todo o que se pide no seguinte cadro. Intenta ser orixinal coa túa elección:

 

 

 Isto é todo por esta semana. Pídovos orixinalidade, cando as cousas se fan con cariño nótase. Ánimo coa investigación.

A maiores déixovos uns enlaces de interese:

  • Bandeiras Europeas. Aquí tedes un libro para descargar e aprender coloreando as bandeiras:

https://op.europa.eu/en/publication-detail/-/publication/9114674b-829b-4c44-ab05-6b2310e7b396

  • Xogo de mesa para estes días na casa:

https://ec.europa.eu/clima/sites/clima/files/citizens/youth/board_es.pdf

Así traballamos

Aquí podedes ver algúns dos murais que fixestes con motivo do Día do Traballador. Seguro que aprendestes un montón. Ó final da páxina tedes as solucións de matemáticas en adxunto. Se non entendedes algo non dubidedes en dicirmo e argallamos unha titoría.

Mural de Anxo (que ata fixo unha presentación Power Point completísima que vos deixo en adxunto por se vos interesa descargala):

Mural de Anaís:

Mural de Sabela:

Mural de Ángel José:

Mural de Aroa:

Mural de Adriana:

Mural de Alyssa:

Mural de David:

Mural de Izan:

Mural de Mathilde:

Mural de Xinxuan:

Mural de Xavier:

Feliz fin de semana longo!

Semana do 27 ó 30 de abril

Como sabedes este venres 1 de maio é festivo xa que é o Día do Traballador. Esta xornada comezou coma unha homenaxe ós Mártires de Chicago, uns obreiros que foron executados en Estados Unidos por participar nunhas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de 8 horas.

 

Tarefa 14. Os dereitos e deberes do traballador

Tedes que facer un mural tamaño A3 (EN GALEGO) no que queden recollidos os dereitos e deberes básicos do traballador. Investigade. Sabedes o que é unha nómina? Cantas horas se poden traballar como máximo? Pódense facer descansos? Cal é o salario mínimo no noso país? Seguro que nos medios de comunicación escoitastes falar dun ERTE pero, saberíades explicar o que é?

Cando teñades o mural sacádelle unha foto ou escaneádeo e o enviades o email da clase. Por favor, non vos esquezades de poñer os vosos nomes nos arquivos que mandades, recibimos moitos correos electrónicos.

 

 

Tarefa 15. Reducción de fracciones a común denominador.

Ahora que todos tenemos acceso a los libros vamos a continuar con las nociones básicas de fracciones que deberíais aprender este curso. Esta semana vamos a trabajar la reducción de fracciones a común denominador.

  • ¿Para qué queremos saber hacer esto? Por ejemplo para comparar fracciones de distinto denominador sin realizar la división o para sumar y restar fracciones que tienen distinto denominador.

  • ¿Cómo se reducen fracciones a común denominador? Buscando el mínimo común múltiplo de los denominadores. Una vez lo tengamos ese mínimo común múltiplo será el denominador de las nuevas fracciones. Para averiguar el nuevo numerador dividimos ese mínimo común múltiplo entre el denominador de cada fracción y lo multiplicamos por el numerador. Vamos a ver dos ejemplos:

https://www.youtube.com/watch?v=fZvsKQOLAhE

https://www.youtube.com/watch?v=W82_agFv09U

Esta semana trabajaréis las páginas 96, 97, 98 y 99 del libro de matemáticas. Para practicar, haréis de la página 97 los ejercicios nº 1, 2 y 3 (estos son un pequeño repaso) y de las páginas 98 y 99 los ejercicios nº 1, 4, 5, 7, 8, 9 y 10. El jueves subiré las soluciones para que podáis corregir.

 

Tarefa 16. Separación de mesturas

Ides ter que facer un pequeno experimento. A ver se vos sae! Tedes esta tarefa en adxunto. Mandádea por separado ó correo da clase co asunto NATURAIS para ESTELA.

 

Espero que as saídas que ides poder facer a partir do domingo vos axuden a levar un pouco mellor a corentena. Se visitades a páxina do Departamento de Orientación atoparedes indicacións sobre como saír con seguridade. A partir desta semana deixamos de facer o audiodiario.

Na páxina da biblioteca tedes un reto lector. Animádevos a participar! https://bibliotecaillascies.wordpress.com/

 

Día do libro

Rapazas e rapaces, hoxe é o dia do libro. Non vos esquezades de pasar polo blogue da biblioteca https://bibliotecaillascies.wordpress.com/ para ver as videorecomendacións de lectura que fixestes as nenas e nenos do cole. Da gusto veros, seguro que algún ten unha carreira de Booktuber por diante.

Déixovos cunha mostra das fotos que sacastes esta semana. Tedes moi bo ollo:

Distribuir contido


by Dr. Radut