Skip to Content

2º Curso

AS BOLBORETAS

Xa naceron 2 bolboretas esta semana. 

DE NOVO NO HORTO

Canto medrou todo! Pronto teremos que  recoller o que plantamos.

De momento seguimos aprendendo un montón de cousas: de plantas , de árbores, vocabulario....Cheiros, cores, formas.....ata estivemos coas multiplicacións!

Temos que volver,  xa que unha das árbores despois de observar o tronco, as follas e os seus froitos, que están empezando a medrar, aínda non sabemos de que se trata. Temos varias opcións: a maceira, a pereira, a figueira, a nogueira... e xa descartamos  a oliveira, a moreira e a cerdeira.

Ah tamén vimos o niño dunha pomba torcaz!

 

LETRAS GALEGAS E MAIOS. EMOCIONATE CON XELA ARIAS!

Hoxe rematamos a semana das Letras Galegas. Fixemos un maio entre todos os nenos e nenas do colexio. Grazas familias pola vosa colaboración.

A continuación unhas fotos do día de hoxe.

PREPARÁNDONOS PARA RECITAR AS COPLAS

 

FORA CO NOSO MAIO

RECITANDO E TOCANDO OS INSTRUMENTOS

POSANDO PARA A FOTO

 

SEGUIMOS COS MAIOS.EMOCIONATE

COLOCANDO AS NOSAS CARIÑAS EMOCIONADAS!

OS MAIOS

Hoxe os de segundo empezamos un dos maios. Colocamos xestas, fiuncho e fixemos colares de pampullos.Que ben o pasamos!

 

O CICLO DA AUGA

EMPEZAMOS A EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS. SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS  BUSCADE NA PÁXINA VIRTUAL EN SOCIAIS.

XA TEMOS 6 CASULOS.

TEMOS XA 6 CASULOS E AGORA TOCA ESPERAR...

 

 

QUE LLE ESTÁ PASANDO AOS NOSOS CARBALLOS?

OUTRO CASULO

 QUEDAN SÓ 4

TEMOS INVITADOS NA CLASE

CHEGARON FAI 15 DÍAS 6 VERMES DE SEDA

UN DELES XA EMPEZOU A FACER CASULO


POR FIN REMATOU

 

AGORA SÓ NOS QUEDAN 5.

MIRADE QUE XOGUETÓN ESTÁ ESTE VERME.

Distribuir contido


by Dr. Radut