Skip to Content

Proxectos de traballo

proxectos de traballo que se realizan no centro ó longo do curso

PROXECTO "50 ANOS MOVÉNDONOS"

     Un ano máis animámonos a participar no Plan Proxecta da Consellería de Educación. Queremos seguir innovando e motivando ó traballo activo  e cooperativo do alumnado, do  profesorado e da comunidade educativa.

     Neste curso celebramos o 50 aniversario do Centro. Dende entón houbo algúns cambios producidos polas leis, pero foi a ilusión, o ánimo e a "mente sempre en movemento" do profesorado o que propiciou unha renovación na práctica docente e no proceso ensino aprendizaxe.

 Adxuntamos PROXECTO


O COLEXIO CUMPLIU 50 ANOS

   50 ANOS MOVÉNDONOS !!

 

 OUR SCHOOL IS 50 YEARS OLD!!

 

No noso centro participamos en diferentes proxectos

                                   

Gañadores do premio aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicóns-net, na categoría de educación infantil e primaria, co noso proxecto: Consum-illas: Con - vivo+. ( DOG 14 de novembro 2016).

Gañadores do premio de innovación educativa do Plan Proxecta, polo Proxecto Rios durante o curso 2016-2017.     

 

 

PREMIO AOS MELLORES PROXECTOS

O CEIP ILLAS CÍES recibiu o terceiro premio aos mellores proxectos do programa Froita Escolar dentro do Plan Proxecta do curso 2012/13 co proxecto "Froitas para o Corazón". Felicitacións a todos!!

OBXECTIVOS CONSEGUIDOS

O obxectivo principal do proxecto "12 meses, doce paisaxes" foi que o alumnado percibise os distintos elementos das paisaxes para poder disfrutalas mellor e motivalos a respectar ó seu contorno e fomentar a intervención de forma activa na preservación e coidado do mesmo.

O proxecto estivo integrado na planificación anual do centro e nas programacións específicas das distintas aulas.

O profesorado considera que os obxectivos propostos foron conseguidos nun grado medio alto.


 

O BOSQUE no corredor do Atlántico

Para conmemorar o día da árbore cada aula de Educación Infantil e Primaria fixeron unha árbore do tamaño dun alumno ou alumna da súa aula. Logo formamos con todas as árbores un bosque no corredor do Atlántico.


 

RECONTO ÁRBORES da avda. CASTELAO

Despois de estudar as árbores

da avenida e facer distintos

traballos na aula, saímos

a contar cantas había

e fixemos esta gráfica

na aula de informática.

¡Era a nosa primeira gráfica!

 Picar no adxunto para ver gráfica das árbores

 

21 de marzo, DÍA da ÁRBORE

 


 

MIRA ONDE ESTOU

FOTOS DOS NENOS E NENAS NUNHA PAISAXE

Cada un aportou a súa foto e fixo unha pequena descripción do lugar onde estaba. Con todas as fotos creamos este mural. ¡Quedou chulísimo!


 

A PAISAXE É NOTICIA

No corredor do Atlántico temos un mural onde imos recollendo noticias sobre a paisaxe.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut