Skip to Content

Secretaría

CHARLA: ALIMENTACIÓN, ALGO MÁIS QUE NUTRICIÓN

Hoxe desenvolveuse no centro a charla sobre NUTRICIÓN  para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

 É unha das actividades programadas dentro do Plan Proxecta e o Proxecto de Saúde que se está a desenvolver neste curso.

 

Podedes ver máis fotos na galería

LECTURA AO AIRE LIBRE

Hoxe puidemos disfrutar dun rato de lectura ao aire libre, unha das actividades programadas co gallo do día"Día do libro".

 

Podedes ver todas as fotografías na galería

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

Preme no enlace para ter información sobre esta data.

https://www.youtube.com/watch?v=rny3--0bKKI

 

Celebramos este día facendo actividades de aula e, como remate, a Biblioteca do centro agasallou ao alumnado cun libro.

Tivemos que pospoñer a nosa tradicional lectura ao aire libre por causa da chuvia. Na próxima semana, se o tempo o permite, levarémola a cabo.

(Ver máis fotos na galería)

ENQUISA CONVIVENCIA

 

Dacordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

       Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual              .

        A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. 

Nesta enquisa participaremos os diferentes sectores da comunidade Educativa.

·      Profesorado.

·      Alumnado de 5º e 6º

·      Persoal non docente

·      Familias

Datas: do 12 ao 29 de abril

 Enlace https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 Claves: serán enviadas en formato papel a cada familia o xoves día 15 de abril.

 GRAZAS POLA COLABORACIÓN

PLAN PROXECTA 20-21

ALIMENTACIÓN: ALGO MÁIS QUE NUTRICIÓN

Dentro do Plan Proxecta e do Proxecto de saúde que estamos desenvolvendo no colexio, informamos que o venres 30 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistirá no centro a unha charla coloquio sobre alimentación.

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21-22

PUBLICACIÓN LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-22

Están publicadas en secretaría as listas provisionais de admitidos para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes presentadas, obtiveron praza.

PUBLICACIÓN LISTA DE ADMITIDOS NO IES

PUBLICADAS AS LISTAS DE ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA PARA CURSAR ESTUDOS DE 1º DA ESO NO IES ALEXANDRE BÓVEDA

- TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

- PODEN CONSULTAR A LISTAXE EN SECRETARÍA.

 

DÍA DE ROSALÍA 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro no cole. Preme na imaxe para ver os traballos de todos os cursos.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21-22

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN: DO 1 AO 22 DE MARZO. PODE FACELO DE XEITO ELECTRÓNICO OU CON CITA PREVIA NA SECRETARÍA DO CENTRO.

DOCUMENTOS QUE SE ACHEGAN COMO ADXUNTOS: 

 - ANEXO II (ED550B) DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN.

- INSTRUCIÓNS PARA PRESENTAR O ANEXO II.

- POSTOS ESCOLARES VACANTES

XORNADAS VIRTUAIS PORTAS ABERTAS 20/21

PRESENTACIÓN VIRTUAL DAS PORTAS ABERTAS

CEIP ILLAS CIES 20/21

(Prema na foto para ver o programa do centro)

 

 

VIDEO PERSOAL DOCENTE XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CURSO 20/21 CEIP ILLAS CIES

(Para ver o vídeo prema na foto)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut