Skip to Content

Patios inclusivos do Illas Cíes

Neste curso 2019/2020 participamos en dous programas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: O Plan Proxecta e os Contratos-Programa.
Queremos facer do CEIP Illas Cíes un espazo no que todas as persoas teñan oportunidade de participación, presenza e aprendizaxe seguindo os principios dunha educación inclusiva. 
Os tempos e espazos de lecer son esenciais nas relacións humanas e no crecemento persoal e ninguén pode quedar fóra disto. Por iso, neste curso puxémonos mans á obra animando propostas nos recreos nas que todo o alumnado puidera atopar o seu lugar, facilitando o xogo grupal e a incorporación daqueles nenos e nenas que máis lle custa relacionarse.  
Por outra banda, e tamén dentro destes programas, traballamos coa titoría de 5º de primaria a necesidade de facer o espazo do cole máis “accesible cognitivamente”, isto é, que todas as persoas que viven nel ou accedan a el non se atopen con barreiras que impidan moverse polo espazo.
Aquí deixámosvos unhas fotos nas que podedes ver todo o que participou, xogou e creou o alumnado do Ceip Illas Cíes:
 


pagepeg | by Dr. Radut