Skip to Content

TAREFAS RELIXIÓN

FESTA DO CORPUS

Bos días nenos e nenas Sorriso , xa queda pouco. ¡¡ÁNIMO!!

O vindeiro domingo 14 de Xuño celébrase o día do Corpus, festa en honor á Eucaristía, instituida por Xesús na Derradeira Cea.

 

Esta festa de gran valor cultural celébrase en moitos lugares do mundo.  En España obtiveron a declaración de Interese Turístico Internacional Toledo e Ponteareas. Amósovos algunhas das alfombras que se fan no mundo.

 

 

En Galicia concretamente moitos pobos, vilas e cidades adornan as rúas con fermosas alfombras feitas de flores coidadosamente mezcladas para obter auténticas obras de arte efímeras.

Algúns de vos tamén participábades todos os anos na elaboración destas alfombras, e nós dende o colexio facíamos unha no pasillo utilizando ademáis de flores outros materiais.

Este ano por mor do coronavirus non é posible. Invítovos a tod@s (infantil e primaria), a facelas nas vosas casas para decorar os balcóns.

¿Que necesitámos?

  1. Cartolina/folio
  2. Lápiz para perfilar o debuxo e goma
  3. Pegamento
  4. Pétalos, tallos, follas...
  5. Pan raiado
  6. Azucre
  7. Arroz
  8. Lentellas
  9. Fabas
  10. Garbanzos.
  11. Xiz (tizas) de cores para coinseguir diferentes tonalidades
  12. Outras cousas que teñades na casa

Deixovos un exemplo para que vos inspiredes, pero tedes total liberdade para facelas ó voso gusto. Recoméndovos que primeiro fagades un boceto no folio e despois o vaiades rellenando con materiais que teñades mezclando cores e formas.

 

Espero as vosas elaboracións e que disfrutedes moito no proceso de facelas. Recórdovos a miña dirección de correo: conchireli35@gmail.com

 

 Moitos bicos!! Beso



pagepeg | by Dr. Radut