SERVIZO MATINAL
"ESPERTA XOGANDO"
As crianzas poden entrar no colexio antes da hora da clase, e mesmo almorzar nel, buscando conciliación entre os horarios de traballos e do axetreo do día a día.
HORARIO
En días lectivos dende as 07:30 ata as 09:00 Sen almorzo: imprescindible chegar antes das 08:45 Con almorzo: imprescindible chegar antes das 08:15
NÚMERO DE CONTA: ES19-0049-1788-2227-1000-9533
ORDENANTE: Nome do nen@ CONCEPTO: Matinal - Mes / Semanas ou DíasPREZOS*
CON ALMORZO | SEN ALMORZO | |
Fixos 5 días/semana | 38 €/mes | 27 €/mes |
Fixos 4 días/semana | 32 €/mes | 24 €/mes |
Fixos 3 días/semana | 27 €/mes | 21 €/mes |
Fixos 2 días/semana | 23 €/mes | 18 €/mes |
Fixos 5 días/semanas alternas | 25 €/mes | 19 €/mes |
Fixos 5 días a partir das 08:30 | 16 €/mes | |
Esporádicos | 5 €/día | 2 €/día |
* Os prezos son para o curso 2023-2024
NORMAS
É obrigatorio cubrir a solicitude para acceder ao servizo. Para gozar e pasalo ben, hay que ter en conta: - Entrar e sair de maneira ordenada na fila. - Respectar en todo momento ás monitoras e ao resto dos compañeir@s. - Sentarnos correctamente. - Almorzar todo ou parte do que se nos ofreza. - Deixar todo material que usemos recollido. Para coidar a saúde buco-dental, cada nen@ terá que traer:(Non aplica en COVID) - Neceser etiquetado co nome. - Cepillo de dentes. - Dentífrico. - Vaso de plástico. * Non se administrará ningún medicamento se non é baixo certificado médico que indique con claridade a duración do tratamento, dose e recomendacións pertinentes dos datos do comensal.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Matinal_Alta_Renovacion.pdf | 244.04 KB |