8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo, foi establecido pola ONU como o Día Internacional da Muller co fin de lograr a igualdade e a non discriminación cara a muller.
Para conmemorar este día tan importante o alumnado do CEIP Illas Cíes realizou pequenas investigacións sobre distintas mulleres da historia: Yayoi Kusama, Cleopatra, Anna Llenas, Katherine Johnson, Celia Rivas, Elisa Patiño, Ángela Ruiz Robles, Clara Campoamor, Rena Kanokogi e Joanne Roubin.