BENVIDOS

   

Así é o noso centro

 Calendario escolar 09-10

  CALENDARIO 

 ESCOLAR  


Horarios 08/09

 HORARIOS 

  10 - 11   

Avda Mac Mahón s/n- 15403 - Ferrol

Tlfno. 981 35 46 99 - Orientación: 981 35 67 93 - Fax: 981 35 45 73 

 

 e-mail

ceip.isaac.peral@edu.xunta.es

Para localizar o centro...

 Localización do centro Localización do centro

 

 OS NOSOS BLOGS

     
 Pequeblog
   MÉRGÚLLATE NA LECTURA LECTURA NA REDE   
 LENGUATICS  MATEMÁTICAS INFORMATIZADAS

 BLOGÑECEMENTO

 BIBLIOLANDIA
 

 entrar  CIRCULARES INFORMATIVAS

A NOSA LUDOTECA

       
  XA TEMOS LUDOTECA NO NOSO COLE!   
 

Este curso por primeira vez está a funcionar durante o recreo unha ludoteca no noso cole e a verdade e que os nosos rapaces disfrutan dos xogos, non hai máis que ver a imaxes. Pero...sabedes que é unha ludoteca? Que normas temos? Que facemos ahí?  Se queredes sabelo mirade a presentación que hai a continuación.

 

 
 

 

 
  QUERES COLABORAR COA NOSA LUDOTECA?
 
 

Aínda que se mercaron xogos, dado o éxito da ludoteca, resulta pouco o material que temos nela. Estamos moi escasos de construccións, xogos simbólicos (bonecas, cociñas, supermercado...) playmobil...Xa se ven as estanterías un pouco baleiras. Se queres colaborar podes traer xogos que teñas na casa. Serán benvidos e podemos disfrutar todos.

Graciñas pola colaboración

 
       

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA EL CURSO 2012-2013

     
  LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS  
 

Premendo na imaxe accédese ás listas DEFIN ITIVAS de admitidos para o curso próximo 2012-2013.

Para calquera dúbida o aclaración nas oficinas do centro ou chamando ao teléfono

981 35 46 99

 
     

DÍA DO LIBRO 2012

 

 

 
 

DÍA DO LIBRO 2012

 
 

 

O venres 23 de abril celebramos no noso centro o Día do Libro cun acto no patio e tamén coa organización da II Feira do Libro Solidario para recaudar fondos para enviar aos campamentos saharahuis.

Tamén hai nesta web información, actividades e máis recursos sobre o día do libro. Pódese acceder a eles premendo na imaxe.

 
     
  PRESENTACION COAS FOTOS DA CELEBRACIÓN  
     
     
 
     

MIRAMOS CON OUTROS OLLOS A DISCAPACIDADE

     
  RECIBIMOS A VISITA DO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA
 
 

Durante as charlas que o CAMF (Centro de Atención a Personas con discapacidade Física) para o alumnado de 5º e 6º intentamos achegarnos ao mundo da discapacidade. Hai moitos tipos de discapacidade e eles centráronse na discapacidade física: problemas de mobilidade e dependencia dos demais.

O persoal do Centro informounos cómo poderiamos evitar chegar á situación de discapacidade física. Cousas como saltar ondas, tirarse de cabeza á piscina ou na praia, andar sen casco nas bicis, non levar posto o cinturón de seguridade... son situacións que nos poñen en risco e se somos conscientes destes perigos debemos tratar de evitalos .

Tamén nos falaron direfentes persoas afectadas, da súa experiencia, de cómo chegaron a esa situación e de como nós, eliminando as barreiras arquitectónicas facilitariamos que eles levaran unha vida o máis normal posible.

Transmitíronnos a idea de que a felicidade non se acaba cunha enfermidade ou cunha discapacidade, porque poden facer moitas cousas das que facemos nós, algunha delas coa nosa axuda, e mesmo outras que ninguén de nós e quen de facer coma pintar cadros coa boca ou navegar sen poder mover as pernas. A nosa obriga e verlos e aceptalos como son e, se nola piden, darlles esa axuda que demandan.

 
     

2ª FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO

     
  LEVARASE A CABO NA SEMANA DO 23 AO 27 DE ABRIL  
 

Visto o éxito obtido na primeira Feira do Libro Solidario feita con ocasión do "Día da Paz", dende o equipo da Biblioteca pensamos en organizar outra para celebrar o "Día do Libro".

A idea é que os alumnos poidan traer de novo algúns libros, pero esta vez poden traer tamén libros para adultos.

Actividade levarase a cabo na semana do 23 ao 27 de abril.

 Os pais poderán acudir á Biblioteca do Centro o martes 24 pola tarde de 4 a 7 e o resto da semana pola mañá de 9 a 10.

  O costo dos libros infantís sera de 1 euro e os de adulto  2 euros.

O importe recadado será enviado aos campamentos saharauís, xa que é o proxecto no que estamos a traballar este curso.

Agradeceríamos que trouxesen os libros o antes posible, para poder clasificalos e organizar a actividade.

 
  DÍA DA POESÍA  
 

Tamén , con motivo do día do libro, este ano imos dedicar unha atención especial ao DÍA DA POESÍA e tratemos de relacionala coa temática dos avós, que xa vimos traballando ao longo deste curso, polo que pediríamos a colaboración dos AVÓS para que lles reciten poemas, cancións ou romances aos seus netos que deberán traer por escrito.

Agradecemos unha vez máis a súa colaboración.

 

OS XOGOS DOS TEUS AVÓS

     
  RECOMPILACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS  
 

 

Seguindo co noso proxecto da biblioteca "O Respecto aos maiores", o alumnado do 1º ciclo de primaria, coa colaboración dos pais, nais, avós ou avoas, fixo unha recompilación de xogos tradicionais baixo o título de " OS XOGOS DOS TEUS AVÓS" que podemos ver na seguinte presentación:


Pódese ver a pantalla completa

GRAZAS POLA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
 
 
 

A "PATRULLA VERDE" LÉMBRANOS COMO COIDAR O NOSO ENTORNO

     
  O ALUMNADO DE 6º LÉMBRANOS COMO DEBEMOS DE COIDAR O NOSO ENTORNO  
  O alumnado de 6º preparou uns slogans pera lembrarnos o coidado do noso entorno e en especial do noso patio. O resultado dos seus traballos podemos velos na seguinte presentación:  
 


Noraboa ao alumnado do 3º ciclo polo seu labor na contribución á limpeza do cole e...

lembrade como di o último slogan:

"MANTER LIMPO O COLEXIO É BO PARA TODOS!

AXÚDANOS!!!!

 

Powered by Drupal - Modified by Danger4k