Día Internacional da Prensa na Escola

     
 

 Prensa

 
 

 O 29 de maio celébrase o Día Internacional da Prensa na Escola

Na actualidade, fálase frecuentemente da importancia que teñen os medios de comunicación social e da transcendencia que ten ou debería ter unha utilización adecuada dos mesmos. Dentro destes medios, a prensa ocupa un lugar de primeira fila.

Ler a prensa é algo que se considera fundamental no mundo actual. É unha das maneiras que temos de estar decatados do que pasa, non só na nosa contorna, senón tamén no resto do mundo, xa que por medio dela podemos comprender a realidade social global na que nos atopamos inmersos. Pero, ademais desta función, a prensa tamén nos ofrece a posibilidade de ir formando a nosa opinión respecto dos acontecementos; de aí a importancia que ten o que nos centros educativos fágase especial fincapé en aprender a usar a prensa e, por tanto, sexa un medio educativo máis e hai que fomentar o seu uso.

 
 

 No seguinte enlace pódese acceder a unha grande cantidade de xornais de España e do mundo enteiro.

 
 

 Para poder acceder a enlaces para traballar co xornal, premer na imaxe

 

Powered by Drupal - Design by artinet