ENCONTROS CO ILUSTRADOR LEANDRO LAMAS

     
  O ILUSTRADOR LEANDRO LAMAS VISITOU O NOSO CENTRO  
 

       O venres día 1 de abril o ilustrador LEANDRO LAMAS chegou ao noso centro para guiar aos nosos alumnos no seu labor creativo. Comezou a súa obra a primeira hora da mañá e durante toda a xornada o noso alumnado de primaria pintou os debuxos feitos por Leandro nun fermoso cadro ilustrativo para a nosa biblioteca.

Extraordinaria experiencia!       

 
 

AQUÍ TEDES REFLECTIDO O LABOR DO NOSO TRABALLO!

  

 
   
 
  DECORAMOS A PORTA DA NOSA BIBLIOTECA  
 

Da visita deste magnífico ilustrador xurdiu unha grande idea: a decoración da porta da nosa biblioteca.

Tomando como guía dúas das súas obras, o alumnado de primeiro de primaria, coa axuda do seu mestre Fernando e dalgún  alumnado de 6º, elaboraron estas dúas magníficas ilustracións que colocamos entrada da nosa biblioteca.


Parabéns aos nosos pequenos grandes artistas!

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet