CELEBRACIÓN DA PAZ 2013

 

                             

 
  O  DÍA 30  DE  XANEIRO  CELEBRAMOS  O  DÍA  DA  PAZ  
 

O día 30 de xaneiro celebraremos no noso centro o día da Paz, pero non só para ese día están programadas actividades para conmemorar esa data tan significativa, senón que xa comezamos coa organización desa celebración. Entroutras actividades iniciais están propostas a decoración do colexio, lectura de libros relacionados coa Paz, teatro de títeres subvencionado pola ANPA.... Especialmente pedimos a colaboración das familias para poder realizar no noso centro unha carreira solidaria o día da Paz, que require unha colaboración económica voluntaria. Para ter máis información desas actividades hai que premer na imaxe.

OS NENOS E NENAS DO DESERTO DE SAHEL NECESÍTANNOS!


 
   CONTOS PARA A PAZ  
 

Aquí tedes unha pequena recompilación de contos relacionados coa Paz que podedes atopar na nosa biblioteca

 

 

Premendo na imaxe accederedes a máis libros sobre a Paz que atoparedes na nosa biblioteca

 
 

Premendo aquí accédese a unha recompilación de recursos e actividades para a conmemoración do

día da PAZ

 
     
  E chegou o día.... e así celebramos a PAZ  
 

 

Pódense atopar as fotografías na nosa galería de imaxes

A recadación feita polo centro na carreira pola Paz foi de 687,28 €.

Este diñeiro será enviado aos nenos e nenas do deserto de Sahel para que superen a desnutrición e que as súas familias poidan loitar contra a fame.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN!

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet