As nosas actividades e saídas

Obradoiro forense

O alumnado de 2º EP puido gozar dun obradoiro forense mega divertido. As forenses Sol e Olalla amosáronlles o interior do corpo con todo luxo de detalles. Son unhas forenses fantásticas!!!!

Entrevistamos a Ara Malikian

Entrevistamos a Ara Malikian: estas son as preguntas que nos encantaría que nos contestase. Non será porque non o intentamos!!!!

O corpo

O alumnado de 2º EP estivo empregando moitísimo a súa mesa de experimentación con actividades relacionadas co corpo humano. Aprenderon sobre os sentidos, aparellos médicos, a dixestión...

A dixestión

O alumnado de 2º EP estivemos a traballar sobre o corpo na nosa mesa de experimentación. Representamos uns estómagos cuns globos e uns ingredientes máis!!!

 

Concurso Escola en camiño

Os participantes do concurso "Escola en Camiño" de Faro de Vigo, recibiron esta semana o seu premio de mención especial na categoría de infografías. O debuxo de André ben mereceu o seu premio. Noraboa, artista!!!!!

 

Exposición PDI 5º EP

O alumnado de 5º EP amosounos os traballos realizados ao longo do curso sobre o PDI "Os deportes". Traballaron moitísimo pero tamén aprenderon moitísimas cousas sobre os deportes.

Cadáver exquisito

Na clase de plástica, tivemos a sorte de facer un obradoiro cunha artistaza como é Antía. Grazas a ela aprendimos a técnica do "cadáver exquisito" e quedaron unhas personaxes ben bonitas!!!

Merendamos leitugas

O alumando de 4º EP realizou unha merenda saudable coas leitugas que plantaron na horta. Para facer unha merenda completa, realizaron a compra do resto de ingredientes que precisábamos no Bascapi e na Panadaría San Amaro. Fixeron encargo, entregaron os cartos, solicitaron factura, calcularon a volta...

Ademais achegaron produtos artesanos e das súas hortas para complementar os bocadillos vexetais, as ensaladas e tostas, como marmelada de amorodo, de framboesas, cebolas...

Non deixaron nin as migas!!!!

Camiño de Santiago

O alumnado de 4º EP tivo a sorte de poder coñecer un pouco máis do Camiño de Santiago que lles pasa pola parroquia grazas aos mestres Luís e Javier e grazas ás familias que colaboraron enormemente na achega de información, traducións... Tamén queremos agradecer ao Colegio Hogar por participar na impresión das placas cos códigos QR que achegan moita información en varias linguas sobre os monumentos máis importantes de Matamá polos que pasa o camiño (Muíño da Regueira, Capela de San Amaro, Igrexa de San Pedro). As nosas investigacións foron traducidas a galego, portugués, alemán, italiano, inglés e francés. Agardamos que os peregrinos desta vez teñan a información suficiente sobre o lugar polo que están a pasar na parroquia de Matamá. 

Tamén queremos agradecer a Quini pola axuda na colocación das placas da Igrexa e da capela e a Marcos e Ventura polas facilidades que nos puxeron para a colocación da placa no Muíño da Regueira e a morea de valiosa información sobre o mesmo.

Tamén ao Peregrino Abelino por amosarnos todas as cousas que entraña facer o Camiño, mochila, hospedaxe, rutas, amizades, xenerosidade...

Foi unha experiencia moi enriquecedora que queremos compartir con toda a comunidade educativa e parroquia de Matamá e animámosvos a que escaneedes os códigos QR e leades a información traballada.

 

Suculentas

Plantamos suculentas!!! Menudas plantas tan extraordinarias!!! Non sabemos si se reproducirán ou non pero aprendimos unha nova técnica para conseguir máis suculentas. Agora toca agardar!!! Grazas profe Pedro!!

Distribuir contido