Secretaría

INSTRUCCIÓNS BOLSAS ALUMNADO NEAE (NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO) 2024-2025

Normativa de referencia: Resolución de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025.

prazo de presentación é dende o 30 de abril de 2024 ao 13 setembro de 2025.

Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

"Esta convocatoria inclúe un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros, que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas".

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet na seguinte ligazón:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

 

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-yayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude online teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.

Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: certificado do número da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do Sergas, certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa.

Poden comprobar a documentación requerida na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025

Segundo o disposto no calendario de admisión de novo alumnado para o curso 2024/2025, xa está á vosa disposición a listaxe definitiva do novo alumnado admitido no taboleiro interior do centro, cumprindo a normativa de protección de datos.

Todo o alumnado que presentou solicitude adxudicóuselle praza na listaxe definitiva.

As persoas que fixeran a solicitude vía electrónica, poden ver a resolución a través da mesma.

O período establecido por normativa para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

PRAZAS VACANTES 2024/2025

Tal e como se anunciou no calendario de admisión o día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025, permanecendo aberto ata o día 20 de marzo.

A documentación a presentar será a seguinte:

- Anexo II: folla de solicitude de admisión (ED550B).

- Fotocopia do libro de familia.

- De ser o caso sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro ou en Sede electrónica a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

O horario de secretaría é luns, mércores e venres de 8:50 a 9:40 e martes e xoves de 13:00 a 13:45.

Postos vacantes 24/25

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Xornadas de portas abertas

CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 24/25

Premendo na imaxe poderedes ver o calendario do proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2024/2025 e acceder aos distintos enlaces.

 

CERTIFICADOS DE MATRÍCULA

Este curso Abalar trae como novidade a posibilidade de descargar o certificado de matrícula dos vosos fillos cando o precisedes, xa que agora vén asinado dixitalmente, polo que non precisa de sinatura nin selo. Este certificado é o que vos solicitan para as bolsas do Concello, a tarxeta de Vitrasa, estranxeiría e demais. Este trámite só se poderá facer a través do ordenador, non dende a aplicación do móbil, e é preciso contar con Chave365 ou certificado dixital

Os pasos a seguir son:

- Entrade no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/abalar

- Identificádevos coa Chave365 ou co certificado dixital

- Unha vez dentro pulsade "Ver alumno".

- A continuación buscade a opción "Descaragar documentos".

- Onde aparece "Certificado de matrícula" pulsade enriba de PDF.

- Arriba de todo, buscade a icona "Buzón de informes" (ás veces hai que volver a identificarse) e alí atoparedes o documento para descargar.

A continuación podedes ver un pequeno titorial para facer a descarga do certificado.

Por suposto, sempre podedes acudir á secretaría do cole para calquera dúbida ou se non sodes quen de descargalo.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS E ENTREGA DE VALES AXUDALIBROS, FONDOLIBROS E MATERIAL

Publicado no taboleiro interior do centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de libros de texto e material para o resto do alumnado de Educación Primaria.

O xoves 29 e o venres 30 de xuño serán os días de entrega de vales en horario de mañá.

Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa que recolle os vales.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2023/2024

Hoxe día 20 comeza o prazo para a formalización de matrículas para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso 2023/2024. A documentación solicitada é a seguinte:

- 2 fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia libro de familia.

- Fotocopia tarxeta samitaria e libro de vacinas.

- Fotocopia  DNI.

- Impreso que se vos facilitará na secretaría do centro.

Tedes ata o día 30 para entregar a documentación en horario de mañá.

Axudas Cruz Vermella

Informamos de que un ano máis, a Cruz Vermella ofrece apoio ás familias daqueles nenos e nenas que teñan dificultades para adquirir o material escolar ou inclusive os libros de texto, complementando a bolsa da Xunta de Galicia, solicitude imprescindible para optar a esta campaña.

As solicitudes serán recollidas na Asemblea da Cruz Vermella de Vigo do 19 ó 30 de xuño.

A documentación imprescindible a presentar para facer a solicitude é a seguinte:

o DNI/NIE/Pasaporte de todos os membros da unidade familiar.

o Volante de empadroamento conxunto/familiar

o Documentos dos menores:

     • Libro de familia

     • Partida de nacemento

o Contrato de aluguer da vivenda, recibo que xustifique pago ou declaración xurada do propietario.

o Copia da solicitude do fondo solidario de libros.

o Ingresos da unidade familiar:

     • Nómina.

     • Certificado de prestacións da Xunta.

     • Certificado positivo/ negativo de prestacións SEPE (INEM).

     • Certificado positivo/negativo de prestacións da seguridade social.

     • Extracto bancario dos movementos dos 3 últimos meses.

     • Vida laboral.

o Outras sentencias/informes.

AXUDAS MUNICIPAIS: LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR 2023-2024

 

Distribuir contido