CERTIFICADOS DE MATRÍCULA

Este curso Abalar trae como novidade a posibilidade de descargar o certificado de matrícula dos vosos fillos cando o precisedes, xa que agora vén asinado dixitalmente, polo que non precisa de sinatura nin selo. Este certificado é o que vos solicitan para as bolsas do Concello, a tarxeta de Vitrasa, estranxeiría e demais. Este trámite só se poderá facer a través do ordenador, non dende a aplicación do móbil, e é preciso contar con Chave365 ou certificado dixital

Os pasos a seguir son:

- Entrade no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/abalar

- Identificádevos coa Chave365 ou co certificado dixital

- Unha vez dentro pulsade "Ver alumno".

- A continuación buscade a opción "Descaragar documentos".

- Onde aparece "Certificado de matrícula" pulsade enriba de PDF.

- Arriba de todo, buscade a icona "Buzón de informes" (ás veces hai que volver a identificarse) e alí atoparedes o documento para descargar.

A continuación podedes ver un pequeno titorial para facer a descarga do certificado.

Por suposto, sempre podedes acudir á secretaría do cole para calquera dúbida ou se non sodes quen de descargalo.