25-N

Para conmemorar o 25 de novembro, dende a biblioteca propuxemos unha actividade de reflexión co alumnado de infantil e primaria deixando a súa pegada nuns carteis moi chulos que colgaron ás portas do colexio. Nestes carteis se poden ler diferentes frases e palabras, extraídas dalgúns libros traballados previamente nas aulas, e outras de inspiración propia referidos á violencia de xénero. 

Novidades de outono

Magosto 2022

O pasado venres 11 de novembro, e por fin retomando as vellas costumes, celebramos na escola a festa do Magosto cuns convidados moi especiais: as avoas e os avós dos nenos e nenas da escola.

Foi unha xornada marabillosa na que gozamos cos xogos tradicionais e degustamos castañas asadas. Pero por moito que vos contaramos non poderiamos explicarvos o especial que foi a mañá, así que vos convidamos a ver as fotos do vídeo... e as nosas caras de ledicia.

Obradoiro de estrelas

O alumando de 4º EP, tivo a sorte de facer un obradoiro de costura coa colaboración de Mary. Todo xurdiu dende o "Libro das avoas" que dende a biblioteca recomendamos a todos e todas!!!!

Elaboraron unhas estreliñas de tea, para adornar a árbore de Nadal das persoas tan especiais que van visitar no vindeiro mes...

 

Samaín 2022

Vaia semana máis terrorífica pasamos! Celebramos o Samaín ao grande, o cole estaba cheo de manualidades arrepiantes, fixemos comidas terriblemente ricas, actividades de auténtico medo e para rematar unha gran actuación entre todos. Que gran Samaín!

 

 

Samaín na biblioteca

Deixámosvos unhas lecturiñas que meten medo!!!!

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Segundo a Resolución do 5 de outubro (DOG do 14 de outubro), todas aquelas familias que recibiron o cheque de material de 50 euros, teñen dereito a ampliar este cheque con 25 euros máis para a adquisición de material.

Podedes recoller este novo cheque durante esta semana en horario de secretaría (martes de 8:50 a 9:40 ou mércores, xoves e venres de 13:00 a 13:50) ou o martes pola tarde de 16 a 17.

Recordade que debe vir a recollelo a persoa que o solicitou. No caso de vir outra persoa deberá traer unha autorización asinada pola persoa solicitante, acompañada dos DNI ou copia de ambas persoas.

Convocatoria Axudas municipais de libros, material escolar e comedor curso 2022-2023

Informámoslles de que o Concello xa puxo en marcha a convocatoria de Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para o curso 2022/2023.

O prazo de solicitude comenza hoxe, martes día 12 de xullo e remata o martes día 9 de Agosto.

Información dispoñible en vigo.org.

É un trámite independente do colexio que terán que realizar a través do Concello. Adxuntamos documentos con información e impreso para a solicitude.

 

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS E ENTREGA VALES AXUDALIBROS, FONDOLIBROS E MATERIAL.

Publicado no taboleiro interior do noso centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de Libros de Texto e material escolar para o resto do alumnado de Educación Primaria.

 O xoves 30 de xuño e o venres 1 de xullo serán os días de entrega de  vales (Axudalibros e material escolar) en horario de 11h-13:50 horas.

 Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa solicitante e da persoa que recolle os vales.

Listaxe provisional Axuda Libros, Fondo libros e Material escolar.

Publicado no taboleiro interior do centro a listaxe provisional do Fondo Solidario de libros de texto (3º,4º,5º e 6º EP). Tamén poderedes consultar as axudas para adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º e 2ºde EP e as axudas para a adquisición de material. No caso de reclamación, contades cos dous días seguintes á publicación. 

Distribuir contido