Biblioteca

Club de lectura

Na primeira xuntanza do club de lectura puidemos gozar do libro de Agustín Fernández Paz "En el corazón del bosque". Foi un libro que gustou moito e no que coñecemos a un personaxe moi especial que nos deixou unha mensaxe tamén especial cun camiño de follas e que se chama Derdrín. Agradecemos a merenda tan rica que fixo Lara. Deste libro quedámonos con frases como "Incluso cuando seas una viejecita, y la memoria quiera engañarte haciéndote creer que yo, y todo el Mundo Mágico, no fuimos más que un sueño que tuviste algún día", "Vale más un beso tuyo qe cualquier anillo del mundo" o "¿Así que has traído un muñequito nuevo, francesita? Pues despídete de él, que no vas a volver a verlo. ¡Y como te chives, ya sabes lo que te hago!"

Recomendámosvos este libro!!!

 

Obradoiro "Árbore de Nadal"

Na corticeira da biblioteca xa vai collendo forma a árbore dixital. Queremos agradecer a todas as familias colaboradoras e a ANPA Lameira polas achegas tan fermosas que fixéchedes.

TRÍPTICO DA BIBLIOTECA

Con este tríptico enviado ás familias, queremos lembrar todas as actividades que se ofertan na nosa biblioteca. Mirade cantas cousiñas hai para facer!!!!

Día das bibliotecas

Polo día das bibliotecas decoramos as corticeiras con unha morea de debuxos e frases que nos gustan dos nosos libros favoritos. Mirade que chulo quedou!!!

 

Obradoiro de bruxas

Polo Samaín fixemos na biblioteca un obradoiro de bruxas a partir de elementos naturais. Este obradoiro parte do conto "A bruxa enrabechada" que temos na nosa biblioteca e animámosvos a que o leades. Está chulísimo!!!

 

Obradoiro "Onde viven os monstros"

Hoxe na biblioteca fixemos un obradoiro moi especial. A partir do conto de Maurice Sendak "Onde viven os monstros", fixemos uns atrapasoños chulísimos!!!!

 

No club de lectura hai duendes!!!

Rescatamos a Leonarda!!

Os nenos e nenas do Ceip Josefa Alonso recibimos unha mensaxe de Leonarda, a nosa mascota. Fora abducida por uns alieníxenas!!! Tiñamos que rescatala!!!! Para iso tivemos que superar varias probas e despois de superalas conseguimos a chave que abría o candado; ese baúl convertérase na súa prisión!!! Pero nós traballando en equipo conseguimos liberala. Benvida de novo á biblioteca, Leonarda!!!!

 

Distribuir contido