Secretaría

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2022-2023

A formalización de matrícula comezará o día 20 de xuño e rematará o día 30. O colexio porase en contacto vía telefónica con todas familias para a reserva de cita para tramitar a matrícula.

documentación que tedes que aportar é a seguinte:

- Folla de formalización de matrícula (podedes descargala no arquivo adxunto)

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Certificado/informe médico.

- 2 fotografías tamaño carnet.

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio)

·        

Fondo solidario de libros:  alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

·        

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

·        

Axudas para adquirir material escolar: alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria 

DOCUMENTACIÓN:

·        

Modelo de solicitude Anexo I e II disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ (dende o centro entregarase unha solicitude a cada unha das familias de Primaria)

·        

Copia Libro de familia.

·        

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Prazo de presentación:

Do 19 de maio ao día 22 de xuño (este incluído)

 

Forma e lugar de presentación

Unha vez cuberta a solicitude (unha por familia), poderase presentar do seguinte xeito:

·        

Presentación no centro.

 Luns e martes de 8:50h a 9:35h.

Mércores, xoves e venres de 13h-13:40h.

·        

Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia (necesario dni dixital ou chave 365)

No arquivo adxunto atoparedes máis información

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-2023

INFÓRMASE A TODAS AS PERSOAS QUE SOLICITARON  PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023 QUE APARECEN COMO ADMITID@S NA LISTAXE DEFINITIVA PUBLICADA NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO.

PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ABRIRASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DO 20 DE XUÑO AO 30 DE XUÑO.

NO MES DE XUÑO, O  CENTRO PORASE EN CONTACTO COAS FAMILIAS PARA O ESTABLECEMENTO DE CITAS.

DÍAS ANTES DA APERTURA DO PRAZO, PUBLICARASE NESTA WEB A DOCUMENTACIÓN E IMPRESOS A CUMPLIMENTAR.

BENVID@S Á NOSA ESCOLA!

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITID@S PARA O CURSO 2022-2023

Infórmase que xa está publicada no taboleiro interior do centro a listaxe provisional de admitid@s para o vindeiro curso 2022-2023. Todas as solicitudes presentadas foron admitidas. Seguindo o calendario do proceso de admisión, a listaxe definitiva será publicada antes do 15 de maio.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL CURSO 2022-2023

Tal e como xa fomos adiantando, este ano debido á situación Covid, as nosas Xornadas de Portas Abertas terá un carácter virtual. Na seguinte presentación poderedes botar unha ollada a todo o que ofrece o noso centro: liña metodolóxica dos últimos anos, instalacións, servizos...

Benvid@s á nosa escola. Agardámosvos!

 

Pinchade na imaxe.

RESUME PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Debido a situación COVID, non se realizarán as xornadas de portas abertas. De todas formas, invitámosvos a que esteades pendentes da nosa web, onde poremos toda a información sobre o proceso de solicitude de matrícula. Actualmente estamos a preparar unha presentación web onde abriremos o noso centro para que o poidades visitar  e coñecer de xeito virtual.

LEXISLACIÓN REFERENTE AO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO:

 

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias.

Debido ao estado excepcional que estamos a vivir, o proceso de entrega de boletíns deste segundo trimestre verase modificado.

 

Para poder consultar o boletín de notas deste segundo trimestre será necesario descargarse no teléfono móbil ou tableta a aplicación AbalarMóbil. A súa publicación será o 31 de marzo.

 

Debedes pinchar a foto e seredes enviados á páxina da Xunta onde vos explicará como descargar esta aplicación.

Ademais no seguinte enderezo web tedes unha guía/titorial da aplicación AbalarMóbil para as familias. https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

Distribuir contido