Biblioteca

Plantamos landras

Coa chegada do outono, chegou tamén a época da plantación. Xa aprendimos a seleccionar as landras que teñen posibilidades de xerminar e as que non. Ademais queremos recomendarvos 2 contos que poden acompañar esta actividade tan divertida que fixemos na mesa de experimentación: "O carballo con botas" e "Xaime e as landras", sen esquecer todos aqueles de horta que temos na nosa biblioteca.

Agora agardamos con impaciencia o nacemento dos nosos pequenos carballiños!!!!

 

A bruxa enrabechada

Trasnos e trasniños do club de lectura, fixeron unha obra de teatro baseada no conto "A bruxa enrabechada", unha historia  de bruxas que pelexan e aprenden a resolver os problemas da mellor maneira posible. GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOA IMPLICACIÓN!!!!!!

 

 

Residencia O Lecer

O alumnado de 5º EP tivo a sorte de ser convidados e convidadas ao magosto celebrado na Residencia O Lecer. Os residentes estiveron emocionados contestando a todas as súas cuestións. Botáranos de menos e por iso os convidaron para moitas actividades máis.

 

Día das bibliotecas

O 24 de outubro celebrouse o Día das bibliotecas escolares, e nós arrancamos coas nosas mochilas viaxeiras. Están cheas de historias, curiosidades, divertimento, ilusión... Agardamos que gocedes moitísimo delas!!!!

 

Palabras de caramelo

Os trasniños medianos tamén están mans á obra coa súa lectura "Palabras de caramelo". Unha haima agardábaos coa fermosa historia de Kori e Caramelo.

 

A bruxa enrabechada

Trasniños 1 e 2 participaron nun contacontos dunhas bruxiñas un pouco rabudas. O conto "A bruxa enrabechada" foi todo un éxito!!! Xa están a argallar a receita da beberaxe verde.

MATILDA

Arrancamos os nosos clubs de lectura. Nesta ocasión os Trasnos están a ler "Matilda", un clásico de Roal Dahl. Estalles a gustar moitísimo!!!! Agardamos ter unha reunión moi moi moi entretida!!!! Animámosvos a lelo!!!! Vaivos encantar!!!!

 

 

Escapismo no club de lectura

Puxemos fin a esta fermosa etapa do club de lectura deste curso cunha actividade de escapismo onde aprenderon que o traballo en equipo é imprescindible para conseguir unha meta común. Foi unha experiencia que queren repetir, así que convidámosvos a que vaiades coas vosas familias!!!!

 

Sementar

Último obradoiro-concerto deste curso. Danos mágoa non escoitar estas músicas tan bonitas ata o vindeiro curso!!!

Grazas rapaces por compartir con todos e todas o voso amor pola música!!!!

O ano que ven, queremos máis!!!

Cadros famosos

Con tantos libros de arte que hai na biblioteca, non podíamos deixar de traballar os cadros máis famosos, ou algúns deles!!!!

Despois de buscar nos baúis de disfraces, atoparon os atuendos máis axeitados para lograr este marabilloso resultado!!!!

Grazas ás familias por axudar sempre nas actividades propostas!!!

 

Distribuir contido