Biblioteca

Obradoiro de relaxación

Trasnos e trasniños, gozaron dun obradoiro de relaxación a partir do libro "Imaginaciones". Puideron mergullarse nas profundidades do mar dentro dunha pompa de aire e conectar a súa respiración cos seus pensamentos. Foi moi moi relaxante e quedaron con ganas de máis!!!!

 

 

As Meninas

O alumnado de 4º EP realizou unha actividade de ed. artística baseada no libro "Las Meninas", a partir do cal coñeceron a figura de Velázquez e todos os segredos do seu famoso cuadro. Ademais coñeceron a Romero Britto, un artista pop art que serviu de inspiración para dar cor ás súas Meninas.

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL SOBRE A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

LEGO

O noso alumnado xa puido empezar a gozar da nova parede Lego!!!! Xa fixeron as súas primeiras construcións!!! Non teñen nada que envidiar aos grandes arquitectos!!!!!

Club de lectura

Trasnos e trasniños reuníronse para falar das súas lecturas. Nesta ocasión os trasnos de 4º e 6º EP falaron do libro "Alma de elefante" e recibiron uns sobre especiais... "O carteiro de Bagdad".

Os trasnos de 5º EP, compartiron merenda e opinións sobre o libro "O carteiro de Bagdad" e recibiron un libro moi especial que estaba na nosa "lagoa" particular "A lagoa das nenas mudas".

 

Josefina presenta...

Aquí tedes todas as novidades que o equipo de biblioteca organizou para os nenos e nenas do Ceip Josefa Alonso. Poden gozar dunha parede lego, recuncho sensorial, zona de lectura, recuncho de manualidades, recuncho TIC e amplas mesas de traballo!!!!!

CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA

Este sábado na biblioteca Juan Compañel podedes gozar duns contos fermosos co autor do libro "O país da choiva". Os nenos e nenas do club de lectura coñéceno moi ben. Non dubidedes en apuntarvos e coñecer estes contiños!!!!!

OS NOSOS MARES

Este venres, ás 18:00 podedes acudir ao contacontos "Os nosos mares" de xeito gratuíto en "Libros para soñar" na Rúa Triunfo 1.

 

 

LEDICIA COSTAS

O día 23 de febreiro podedes coñecer á autora de "A Señorita Bubble" na libraría "Libros para soñar" onde presenta o seu último libro.

 

O ENTROIDO EN GALICIA

O equipo de biblioteca en colaboración coa aula de 4º EP elaboraron este mapa de Galicia cos personaxes típicos do noso Entorido. Podedes localizar aos Merdeiros, ás Pantallas, aos Peliqueiros, aos Cigarróns...

Distribuir contido