Biblioteca |
O alumnado do club de lectura e o alumnado de 4º e 1º EP tiveron a sorte de contar cun contacontos moi especial!! "O desencantamento", un libro novo baseado nas mouras de Galicia que nos trouxo Judit. Un conto máxico cunhas ilustracións espectaculares!!!! |
|||
Mirade que esculturas tan fermosas fixeron as nenas e nenos da aula de 4º EP inspirándose en Alexander Calder!!! Si queredes facer unhas esculturas así de chulas só tedes que coller o libro na biblioteca!!
|
|||
O alumnado de 4º EP, a partir do conto "Avoa adormecida", realizou unha actividade conxunta coa residencia "O Lecer". Prepararon un poema titulado "Colleita de estrelas" extraído do "Libro das avoas". Investigaron sobre o acivro, unha árbore de Galicia que agasallaron aos residentes e traballadoras para plantar no seu xardín como recordo da súa visita. Tamén elaboraron unhas estrelas de tea nun obradoiro no que colaborou Mary, nai dun alumno desta aula e que tanto residentes como traballadoras, colocaron nas súas árbores de Nadal. Visitaron a residencia, coñeceron o funcionamento e as instalacións pero sobre todo recibiron o agarimo e a tenrura coa que os recibiron as persoas maiores. Eles e elas tamén tiñan un agasallo para eles, unhas galletiñas de améndoas que venden para financiar os seus obradoiros. Se queredes colaborar con eles e elas, só tedes que chamar e encargar as vosas bolsiñas de galletas. ESTAN BOÍSIMAS!!!! REPETIRÁN A VISITA!!!! FOI XENIAL!!!! GRAZAS Á RESIDENCIA O LECER POLO BEN QUE OS TRATARON!!! |
|||
O alumnado de 4º EP estivo traballando en Ed. en Valores o conto "El color de tu piel" que o recomendamos sen lugar a dúbidas. Fixeron un teatriño chulísimo que vos convidamos a ver picando no vídeo!!!! Tede o conto na biblioteca por si o queredes ler!!!
|
|||
Dende o equipo de biblioteca, queremos recomendarvos para o Nadal ou calquera outra data (calquer momento é bo para ler) todas estas fermosas historias. |
|||
No Día Internacional das persoas con discapacidade, dende a biblioteca do Ceip Josefa Alonso de Alonso, realizamos unha actividades relacionadas coa temática do centro para conmemorar este día. Botade unha ollada ao vídeo para ver as actividades. "Todos baixo o mesmo paraugas" o alumnado de infantil, e deportes con certas limitacións para o alumando de primaria. |
|||
O alumnado de 4º EP co libro "Pablo Picasso", non só se aproximou á vida e obra deste gran artista senón que crearon as súas propias máscaras inspirándose nas de Picasso. Podedes gozar deste libro na biblioteca!!!! |
|||
Dende a aula de 4º EP queremos recomendarvos estes libros tan chulos!!!!
|
|||
Breixo quere recomendarnos este libro tan chulo que trata de mouras de Galicia!!!
|
|||
Baixo a alma dun elefante e dunha bolboreta, agochábanse as novas lecturas dos "trasniños." Estaban emocionados!!! Agardo que poidades gozar moito desta nova aventura literaria. Vémonos na vindeira reunión!!! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »