Cuentos en verso para niños perversos

Os trasnos medianos gozaron moitísimo do clásico "Cuentos en verso para niños perversos". Compartiron frases do libro que lles gustaron moito: "como tú de lobos sabes mucho quizá puedas dejarle sin cartuchos", "estaba dura y le sobraban huesos, pero al menos los dos muslos me han sabido buenos".

 

ABDEL

Os trasnos do club de lectura, puidemos compartir unha nova lectura: "Abdel". Unha historia baseada en feitos reais que pon de manifesto o drama da inmigración. Recomendamos que o leades!!!!!

GRAZAS POLA MERENDA TAN DELICIOSA!!!!

Día da muller

O 8 de marzo conmemoramos todos xuntos o DÍA DA MULLER falando sobre a historia deste día e sobre as mulleres máis importantes para nós ou as que máis nos inspiran.

 

 Fotos día da muller

PRAZAS VACANTES 2024/2025

Tal e como se anunciou no calendario de admisión o día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025, permanecendo aberto ata o día 20 de marzo.

A documentación a presentar será a seguinte:

- Anexo II: folla de solicitude de admisión (ED550B).

- Fotocopia do libro de familia.

- De ser o caso sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro ou en Sede electrónica a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

O horario de secretaría é luns, mércores e venres de 8:50 a 9:40 e martes e xoves de 13:00 a 13:45.

Postos vacantes 24/25

Concurso de debuxo: Xeoparque Illas Cíes. O paraíso de todos.

Como este cole está cheo de artistas, tivemos a sorte de ter 2 gañadores do Concurso de Faro de Vigo "Xeoparque Illas Cíes. O paraíso de todos". Tanto Cleo como André fixeron uns debuxos espectaculares e ben merecedores do premio. NORABOA RAPACES!!!!!

ENTROIDO 2024

O pasado venres 9 de febreiro e a pesares das inclemencias do tempo, festexamos o festival de Entroido da escola, grazas á inestimable axuda da ANPA, á asociación cultural de Matamá que nos prestou a carpa para lucirnos coas actuacións, ás familias en xeral, a todo o profesorado e como non, aos verdadeiros protagonistas: as nenas e nenos da escola, que coa súa ilusión e ganas, fan que todo sexa posible.

E se chove... Que chova!

   

 

Contacontos en francés

Violeta contou uns contos en francés moi divertidos!!!

 

Pablo Prado

Hoxe o alumnado de 5º e 6º tivo a visita de Pablo Prado, ilustrador de "Nerea. A invasión dos trastos".

 Pablo Prado

Visita ao Concello

O pasado xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo unha saída para visitar o Concello de Vigo. Alí aprendemos un montón de cousas e puidemos visitar moitas das súas dependencias: a sala de plenos, a sala de prensa, os laboratorios, a sala de control de tráfico e tamén a Escola Municipal de Danza. Nesta última foron os nosos alumnos os que sorprenderon aos traballadores que alí se atopaban demostrando que en Matamá aínda queda moita tradición musical e unha canteira estupenda de pandereteiros, tamborileiros, gaiteiros, bailaríns... e o que faga falta!

Vivimos un momento moi especial, xa que o alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, quixo pasar un tempo falando con nós e claro... nós aproveitamos para deixarlle unha cartiñas que fixemos nas aulas contándolle como se atopa o noso cole e o noso barrio. A ver se temos sorte e fai caso ás nosas peticións. Viva Vigo!

 

Visita ao Concello

DÍA DA PAZ 2024

A temática da Paz é algo recorrente no día a día das nosas aulas, pero o día 30 de xaneiro sempre sacamos un oquiño para celebralo todos xuntos nun pequeno acto. Nesta ocasión o alumnado de sexto de primaria preparou un precioso manifesto pola PAZ que escoitamos todos xuntos e a continuación todos bailamos a canción "Mi mochila es de la Paz" que preparamos nos días anteriores nas aulas. Un pequeno acto pero cheo de simbolismo.

 

Celebración día da Paz

Distribuir contido